Definición de velocidade xestual
A velocidade xestual pódese definir como a capacidade de realizar movementos do corpo ou dos seus distintos segmentos no menor tempo posible. Dáse cando é acíclica (realizamos un só movemento a gran velocidade) e sempre que non repitamos unha estrutura cíclica do movemento (contínua e repetitiva). Dentro dela diferenciamos:
-
Segmentaria ou cando o xesto está localizado nunha parte do corpo concreta. Como exemplo do tren superior (brazos) o temos cando lanzamos un tiro libre á canastra de baloncesto, ou cando golpeamos a pelota coa raqueta de tenis.
-
Global ou cando o movemento implica todo o corpo, como cando saltamos altura no atletismo ou realizamos unha viravolta lateral cara adiante no ximansio.
1.- José Porras "Sanguino Tiro_Libre.jpg" na Wikipedias.org CC-BY-3.0 2.-Mackrys "Tie Break Tens in Wienam" na Wikimedia Commons CC-BY-3.0 3.-Jimmy Jarris "2006 Commonwealth Games-At.jpg" na Wikimedia Commons CC-BY-3.0 4.- Suso Lojo "Voltereta lateral" Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0 |
O nivel na execución do xesto depende do automatizado que esté, da propia lateralidade (o lado dominante do brazo e da perna amosará máis velocidade que a do contrario) e da propia orientación espacial (os xestos realizados cara adiante acadarán máis velocidade que cara atrás).