OS TIPOS DE VELOCIDADE
A velocidade de desprazamento manifestase como a distancia percorrida nun tempo determinado, a de reacción ante un estímulo (visual, auditivo ou táctil) preestablecido ou agardado (sinxela) ou imprevisto e descoñecido (complexa) e a xestual ante un movemento dunha parte do corpo (segmentaria) ou de todo o corpo (global).
A velocidade é un factor moi importante nas actividades explosivas como no caso das modalidades atléticas das carreiras curtas (60, 100 metros), nos saltos (de altura ou de lonxitude) ou lanzamentos (peso, disco, xabarina e martelo); mentres que a súa importancia é moito menor nas actividades de maior distancia ou resistencia.