Actividade de lectura
A CAPACIDADE FÍSICA DA VELOCIDADE |
A velocidade é a capacidade física que nos permite realizar as actividades motrices no menor tempo posible, ou despois de responder a un sinal determinado coa máxima eficacia. Tamén é a magnitude que obtemos despois de dividir o espazo polo tempo, polo que é unha capacidade que podemos entrenala e exercitala en todas as actividades e modalidades deportivas onde pocuramos realizar os movementos o más rápido do xeito máis eficaz. |
- Como sabedes, dende o punto de vista da física mecánica, a velocidade defínese como a ecuación de "velocidade = espazo / tempo".
- O nivel da velocidade co que executamos os movementos é fundamental para o rendemento deportivo na maioría dos casos. É a capacidade que permítenos saltar máis alto, lanzar máis lonxe e o máis forte posible.
Fotografía dunha alumna exercitando a velocidade de reacción Física.Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0