Beneficios da velocidade
1.- Mellora xeral do funcionamento do sistema cardiovascular e do respiratorio.
2.- Incremento da masa muscular e da propia forza e da capacidade de resistir esforzos de curta duración.
3.- Mingua o tempo de reacción e o tempo de execución do movemento xestual.
4.- Facilita a mellora na nosa postura corporal, na execución do movemento e do noso equilibrio en movemento.
5.- Mellora a coordinación muscular.
6.- Incrementa as demais capacidades físicas, como a forza e a resistencia.
8.- Reforza o coñecemento do propio corpo.
9.- Permite conservar o estado de forma xeral e reforza a propia saúde.
10- Mellora o rendemento físico xeral xa que permite realizar movementos con máis eficiencia enerxética.
A súa práctica comporta:
a) Exercicios de estiramento preparatorios para a actividade física principal ou estiramentos específicos do tren inferior e superior.
b) Exercicios de reacción simple, reacción complexa, máxima, aceleración e resistencia á velocidade.
c) Exercicios específicos mediante técnicas depuradas de alta intensidade con intervalos, recuperacións e poucas repeticións.
Fotografías dunha alumna exercitando a velocidade nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0