Definición da velocidade de reacción
Defínese como a capacidade de executar un movemento no menor tempo posible despois de responder a un sinal ou estímulo determinado, sexa sonoro, visual ou táctil. Tamén denomínase tempo de reacción, xa que equivale ao intervalo de tempo que transcorre dende que recibimos o estímulo ata que aparece a resposta.
Medímola cronometrando o período curto de tempo que transcorre entre o sinal ou estímulo e a resposta aplicada no movemento a executar, que adoita durar entre as dez e quince centésimas de segundo (+/- 0,10-0,15 segundos).
Este tipo de velocidade pódese dividir en:
-Sinxela: cando se trata dun estímulo coñecido de antemán e se coñece tamén a resposta que daremos, como por exemplo a saída de tacos nunha carreira na que empezaremos a correr ao escoitar o asubío ao ollar unha bandeira, ou ao sentir unha palmada nas costas...). -Complexa: cando descoñecemos previamente os estímulos ou estos son imprecisos, como por exemplo cando unha contrincante nos tira un penalti ou unha compañeira nos pasa un balón de baloncesto sen agardalo. |
||