Saltar la navegación

3. Xustificación

Para desenvolver estas actividades facilítase unha exposición inicial dos contidos correspondentes, que o alumnado completará buscando nova información en Internet. É dicir, deberá acceder, obter, procesar e usala información para crear novos contidos, que deberá saber comunicar principalmente con medios dixitais. A práctica desta competencia dixital logrará que o alumnado aprenda a aprender por sí mesmo. O proceso de aprendizaxe está pautado en cada unidade.
Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación, plasmando a través dunha representación gráfica as intencións comunicativas do artista. 

Metodoloxías de traballo:

− Elaboracións artísticas onde o alumnado proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a elaboracións do produto final.

− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso, ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.

− Presentacións visuais, orais ou escritas. Poden ser individuais ou grupais e permiten a valoración dos traballos durante o seu proceso ou á finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.

− Probas persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais e creativos nos progresos artísticos.

− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre profesorado e alumnado onde de mutuo acordo se establecen unha serie de condicións de traballo que se comprometen a cumprir.

− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías... Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunha carpeta drive onde cada estudante escanea ou fotografía os exercicios realizados sobre papel, e sube as súas imaxes dixitais e presentacións de diapositivas.

Obxectivos

Recoñecer en obras de arte a utilización de elementos e técnicas de expresión, apreciar os estilos artísticos, valorar o patrimonio artístico e cultural como un medio de comunicación e satisfacción individual e colectiva, e contribuír á súa conservación a través do respecto e divulgación das obras de arte.

Explicar, empregando unha linguaxe axeitada, o proceso de creación dunha obra artística, e analizar os soportes, os materiais e as técnicas gráfico-plásticas que constitúen a imaxe, así como os seus elementos compositivos.

Utilizar con propiedade os materiais e os procedementos máis idóneos para representar e expresarse en relación ás linguaxes gráfico-plásticas, manter o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto estado, e achegalo á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.

Realizar proxectos plásticos que comporten unha organización de forma cooperativa, valorando o traballo en equipo coma fonte de riqueza na creación artística.

3.1 Temporalización

Para esta unidade didáctica plantéxanse 8 sesións.

3.2 Competencias Clave

CCEC
CSIEE

3.3 Avaliación

Proponse a seguinte rúbrica