Nesta unidade plantéxanse 3 tarefas materiais e dixitais, a través das que poderás investigar e aprender sobre distintos artistas e os seus procesos artísticos. Estas actividades están correlacionadas coa ABP5 e están pensadas para complementala.
O obxectivo principal destas actividades é que os alumnos, comprendan e experimenten o proceso de creación dunha obra de arte e valoren a súa importancia. Durante a execución do cadro e do seu libro de artista, os mozos deben tomar unha serie de decisións, desde a selección do tema, a elección da linguaxe artística, o material, a técnica, o formato, as dimensións. No proceso aprenden a rexeitar, repensar, refacer, coa finalidade de materializar a súa idea creativa. Estas accións acompáñanse dunha autoevaluación continua. Así mesmo, a participación nunha tarefa real que logo se exhibe publicamente implica a recepción de retroalimentación e reaccións dos espectadores.
No apartado 2.2 suxírense varias APPs que che axudarán a facer búsquedas e investigacións para realizar as das tarefas. Ademáis podes traballar con algunha outra que xa coñezas ou atopes e che pareza interesante. Xa sabes que Internet ofrece moitísima axuda se a usamos con cabeza.
Como ampliación ó estudado podes visualizar filmes e documentais sobre arte e artistas como Words and pictures, Los fantasmas de Goya, El loco del pelo rojo, Medianoche en París, El sol del membrillo, Gustav Klimt, Frida, Mr.Turner, Big Eyes, Loving Vincent, Renoir, La joven de la perla, Séraphine, Pollock y Pollock la vida de un creador, ...
Bótalle tamén un ollo a esta curiosa curtametraxe homenaxe a JacksonPollock