2.1.1 Faremos unha investigación e presentación na clase sobre algún artista famoso. Con axuda dalgunha ferramenta ou aplicación como google docs, prezi, ... ensinarémoslle aos compañeiros información e curiosidades suficientes para que logo de ter visualizadas todas as exposicións, poidamos ter todos un bo coñecemento sobre os artistas escollidos. Pon a voar a túa creatividade e compón un traballo orixinal. Tamén podes inspirarte na estética das revistas, folletos, trípticos, carteis,.. para a túa presentación.
2.1.2 Farase un traballo grupal. Cada alumno terá que expoñer un proxecto e todo o seu proceso publicamente na aula. Incorporarán no seu proceso as reflexións e as críticas construtivas de compañeiros e profesor que se vaian xerando. Despois levarase a cabo o proxecto, decidirase o material e linguaxe co cal traballar, así como medios e técnica que se usarán para expresarse.
Proxecto: elaborar unha obra adoptando a personalidade dun artista xa coñecido.

2.1.3. Realizaremos un libro de artista. Esta actividade formará parte do proxecto da actividade 2.1.2, co cal o tema será meterse no rol dun artista coñecido e traballar como se fosemos él. Adoptando o seu estilo, personalidade, técnica, etc...
Un libro de artista non é un libro de arte nin sobre arte. O libro de artista é unha obra de arte en si mesma. É unha forma de expresión e comunicación que acepta todo tipo de técnica. Entre as máis habituais atópase a acuarela, a tinta, o gravado, o debuxo, o colaxe, a imaxe dixital,... O artista pode realizar as súas obras non só sobre papel, cartón ou cartolina, senón tamén sobre metacrilato, madeira, latón, lousa, broce, materiais reciclados, impresos ou atopados. Teñen diferentes formas, segundo decisión do artista, e en xeral adoita distar bastante do modelo ao que consideramos libro tradicional tipo Gutenberg. Nun percorrido pola Historia da arte, atopamos infinidade de obras, de todas as épocas e culturas que, aínda que creadas con moi diferentes fins son precursoras do concepto actual dos libros de artista: ósos tallados, tablillas babilónicas, papiros exipcios, libros de oración tibetanos, libros da cultura cristiá como o Codex de Kells, etc... Unha sucesión de obras ata chegar ao concepto actual do libro como obra de Arte.
Como obxeto artístico, responde á representación dun concepto de maneira estética, usado polo artista como un soporte máis. Trátase de obxectos únicos, onde predominan as imaxes e cuxos textos son creados, ás veces polo artista, e outras, coa colaboración dalgún escritor ou poeta. Constitúen un medio de expresión multidisciplinario, con infinitas posibilidades de combinación de técnicas artísticas, como pintura, escultura, poesía, artes aplicadas, fotografía, o libro en sí... o cal brinda unha gran liberdade creativa. O libro de artista plantexa ler un discurso plástico en secuencias, pasar as súas páxinas, retroceder, despregalas, tocalo, transportalo, cheiralo, modificalo, o que aporta un sentido lúdico e participativo á obra.
No seguinte enlace poderás ver exemplos de libros de artista:
correodelmaestro.com/publico/html5112017/capitulo5/el_libro_de_artistas.html