Saltar la navegación

2.2 Recursos para as tarefas

2.2 Apps

art-droid

Art-droid lévate ao museo, contén unha extensa galería sobre arte onde podes consultar unha chea de información e detalles de multitude de obras.Esta aplicación toma os datos da Wikiart, e nela tes un monton de opcións para buscar as obras, ademais permíteche gardar as coleccións ou obras que che gustan na túa propia colección.

    dailyart

A App gratuita dailyart achégate todos os días a belas obras mestras da arte clásica, moderna e contemporánea coa que podes ler e aprender relatos curtos sobre elas. Queres saber por que Van Gogh se cortou a orella? Ou quen é a dama do retrato de Picasso? Como Jackson Pollock creou as súas pinturas? DailyArt é unha aplicación imprescindible para todos a amantes da arte. coa que aprender algo novo sobre a arte todos os días. Ademais podes explorar e buscar nunha colección de máis de 3000 obras mestras, ler biografías de artistas e información sobre 500 coleccións de museos, engadir obras mestras aos teus favoritos e compartilo, atopar facilmente DailyArts que aínda non viches, configurar a túa conta e utilizala en varios dispositivos, copiar os textos das descricións.

 google arts and culture

Coa App Google Arts & Culture podes visitar grandes exposicións, ampliar obras de arte para apreciar ata o último detalle e descubrir miles de reportaxes, fotografías, vídeos e manuscritos. Podes atopar curiosidades como ver de preto A noite estrelada de Van Gogh ou por saber en qué se diferencia a arte moderna da arte contemporáneo.

Gustaríache pasear por un museo que se atopa na outra punta do mundo?  Xestiona a túa propia galería: atopa as túas obras de arte favoritas, crea as túas propias coleccións e compárteas cos amigos. Viaxa a calquera parte do mundo a través de visitas guiadas por lugares emblemáticos, edificios famosos e marabillas da natureza no teu dispositivo ou en realidade virtual. Aprende algo novo cada día. Google Arts & Culture colaborou con máis de 1200 museos, galerías e institucións de 70 países para que as súas exposicións estean dispoñibles online para todo o mundo.


prezi

Prezi é unha plataforma da Internet que serve para crear, dar e facer un seguimento dunha preciosa presentación interactiva dunha forma sinxela e intuitiva. Conta cunha extensa biblioteca de preciosas presentacións que podes personalizar ao teu gusto, segundo a audiencia, sen ter que pasar unha diapositiva tras outra.
Prezi é un lenzo aberto único na súa clase que che permite organizar e visualizar unha presentación de imaxes, textos e videos cunha apariencia dinámica e atractiva e usando estruturas intelixentes, revelación con zoom e liberdade de movemento. 

google docs

Con Google Docs podes crear de forma sinxela documentos e orixinais presentacións, editalos e colaborar con outros usuarios desde o teu teléfono ou tablet Android. Permíteche: 

- Crear documentos ou editar os que xa tes. 

- Compartir documentos e traballar nun arquivo ao mesmo tempo que outros usuarios. 

- Traballar onde e cando queiras, mesmo sen conexión. 

- Engadir comentarios e responder a eles. 

- Deixar de preocuparche por se perdes o teu traballo: todo se garda automaticamente a medida que escribes. 

- Realizar procuras directamente en Documentos coa función Explorar. 

- Abrir, editar e gardar documentos de Word.