Saltar la navegación

Ton-Semitón

Tons e semitóns

De momento a cousa vai faciliña. Imos complicala un pouco.

Ata o de agora só vimos as distancias entre dúas notas de diferente altura.

Pero para completar o intervalo, é necesario saber que distancias existen entre todas as notas que forman o intervalo.

Entre as diferentes notas existen diferentes distancias, que se miden en TON ou SEMITÓN.

Tomamos a escala de DÓ Maior como referencia, e sacamos as distancias entre as notas.

ru 

É moi fácil. Realmente só tes que aprender que de MI a FA (ou de FA a MI) hai un semitón de distancia.

E de SI a  (ou de  a SI) hai tamén semitón.

No resto, a distancia que hai entre as outras notas é de 1 TON.

DÓ-RE (ou RE-DÓ): 1 TON.                                              RE-MI (ou MI-RE): 1 TON.

FA-SOL (ou SOL-FA): 1 TON.        SOL-LA (ou LA-SOL): 1 TON.                 LA-SI (ou SI-LA): 1 TON.

 

Mira neste debuxo as distancias das notas en tons (T) e semitóns (ST) nun instrumento coma o piano:

te

Fíxate que as teclas negras do piano só están mesturadas entre as brancas cando a distancia é de un ton.

Cando hai un semitón (coma no caso MI-FA e SI-DÓ) non existe tecla negra.