Saltar la navegación

Distancias

Distancia nos intervalos.

Unha vez que sabemos como son os intervalos, imos a traballar en profundidade.

Como dixemos, o intervalo é a distancia entre dúas notas. 

E como se mide esa distancia? Pois contando as dúas notas que temos de referencia.

hg

Neste exemplo que estás a ver, temos un intervalo que vai da nota Fa á nota Dó´(agudo).

Pois o que hai que facer é contar TODAS AS NOTAS que van dende o FA ata o  (e contamos tanto o FA como o Dó´).

Vemos entón que son 5 notas (FA, SOL, LA, SI, DÓ´) polo tanto, a distancia que hai entre Fa e Dó, é unha distancia de 5ª.

Outro exemplo para que quede claro:

rrw

Desta vez collemos un intervalo melódico descendente. De MI´a FA. Quero que o visualices e que te fixes en dous aspectos:

siren 1) Teño que contar as dúas notas, de Mi´a Fa. Polo tanto son 7 notas de distancia. Ollo, porque se empezase no Re´, sen contar a primeira nota que é Mi´, daríame un intervalo de e polo tanto estaría mal o intervalo.

siren2) É de Mi´(agudo) a Fa grave. Non de Mi grave a Fa, xa que este sería un intervalo de 2ª, pero o exemplo é un intervalo de 7ª. Ollo se o intervalo ascende ou descende, por eso é importante fixarse en todo.