Explicación intervalos
Intervalo: é a distancia existente entre dúas notas de diferente altura.
Existen numerosos tipos de intervalos:
1) Especifícase se é melódico ou harmónico. Neste tema só nos imos a referir aos melódicos, xa que os harmónicos explicarémolos na unidade dos acordes.
Intervalo Melódico: cando as dúas notas son consecutivas. Poden ser:
a) Ascendentes : cando a segunda nota é máis aguda que a primeira.

b) Descendentes : cando a segunda nota é máis grave que a primeira.

Intervalo Harmónico: as dúas notas soan simultáneamente. Tamén ten o nome de ACORDE.
