Saltar la navegación

Alteracións

As ALTERACIÓNS son signos que se colocan na partitura para indicar que hai notas que teñen o seu son modificado en altura (1/2 ton).

Son as seguintes:

sost Chámase sostido. Fai ascender 1/2 ton o son da nota.

trr

fa3

bemol

Chámase bemol. Fai descender 1/2 ton o son da nota.


becChámase becuadro. Anula os efectos dos anteriores. É como unha goma de borrar para o sostido e o bemol. 


Escaleira

Como o concepto dos sostidos e bemois pode resultar complicado, mira a escaleira para que podas entendelo mellor.

esc

Fíxate, por exemplo, que de FA a SOL  hai 1 ton. Pero atopamos dúas notas que están no chanzo do medio: Fa# e Sol b.

Que pasa entón? Que de Fa a Fa# hai un semitón. Pero tamén sucede que de Fa a Sol b, hai a mesma distancia: un semitón.

Logo.....que distancia hai de Fa# a Sol b?........ Pois nada, cero, non hai distancia. Chámase enharmonía.

ENHARMONÍA serían dúas notas de diferente altura pero que na práctica teñen o mesmo son. Nun piano teríamos que tocar a mesma tecla negra para as dúas notas. Fíxate no exemplo que puxemos:

vsd        

Fai o seguinte exercicio, imprimindo a escaleira  te seguro que a necesitas.

Escribe nos ocos.

Tes que escribir as enharmonías que existen. Só tes que pór as notas. Fíxate no exemplo que explicamos anteriormente.

Fa # e Sol b              Dó# e b              # e Mi b

Mi e #                    e Mi#                  Fa# e

Sol # e b                # e Si b                e Do b

Do e #  

Habilitar JavaScript