Por último, os intervalos cando xa se dominan pasan ao "nivel pro".

E como? Pois en vez de dicir: Intervalo de 3ª con un Ton e un Semitón, dise: Intervalo de 3ª menor.
No seguinte debuxo verás o cadro de intervalos. Non o tes que saber de memoria, pero nos próximos exercicios vas ter que utilizalo.

Outros exemplos:

Agora o que vas facer é o seguinte.
Para seguir practicando, vas a coller o anterior exercicio que xa corrixiches, e vas facelo novamente, pero só poñendo que tipo de intervalo é:
2ª Maior, 3ª disminuída, 4ª Xusta....
Como xa tes o exercicio con tons e semitóns vai a ser máis sinxelo, só quero que te fixes no cadro de intervalos e que o fagas correctamente.
Descarga a nova folla aquí,
pero ten a outra a man para que che axude a facelo máis rápido.
