TAREFAS
DE PRODUCIÓN
TAREFAS PRINCIPAIS
TAREFA 1: Fabrica o teu propio plató
Enunciado
Converte as localizacións en espazos óptimos
para gravar. Elixe o tipo de iluminación e traballa con ela.
Busca os fondos neutros e localiza as fontes de iluminación
natural (porta, ventá). Xenera luz de recheo para iluminar
as sombras coa axuda dun papel albal enrugado, unha plancha de porexpan
ou ate un folio branco.
Recursos necesarios
Plastico de burbulla, papel albal, folios e corcho de porexpan.
TAREFA 2: Planifica as tuas entrevistas
Enunciado
Xa pensaches onde ías colocar a cámara é que
tipo de plano obterás dende alí? Este é o momento.
De cada unha das entrevistas deseña unha planta de cámara
e debuxa o plano obtido dende cada un dos tiros de cámara.
Recursos necesarios
papel, lapis e goma
Recomendacións
Consultar os apuntes referentes a posta en escea e planificación.
TAREFA 3: rodando
Enunciado
Antes de entrar a rodar estaría optimo facer unha proba
das rutinas a desenvolver. Algo tan sinxelo como cando se le a claqueta,
e quen da as voces de acción.
Recursos necesarios
Unha claqueta que se pode sustituir por un folio e unha palmada pra dar o chack.
Recomendacións
Consultar os apuntes referentes a posta en escea e planificación.
TAREFAS DE APOIO:
TAREFA: Os tipos de planos e ángulos I
Enunciado
Por equipas e, tomando como referencia as fotografías de
exemplo dos tipos de plano e angulacións, busca en internet
outras similares.
Recursos necesarios
Conexión a internet, ordenador, lapis e goma
Recomendacións
Para axudarche na pescuda podes escreber no buscador palabras chave
como: muller/home, amigos, western, paisaxe, fraga, deserto…
TAREFA: Os tipos de planos e ángulos II
Enunciado
Por equipas e, tomando como referencia as fotografías de
exemplo dos tipos de plano e angulacións, fotografa ti persoas,
obxetos e paisaxes. Fai unha fotografía por cada tipo de
plano e ángulo.
Recursos necesarios
Cámara dixital, teléfono móvil con cámara.
Recomendacións
TAREFA: Os tipos de planos e ángulos II
Enunciado
Por parellas. Un dos compoñentes da parella mirará
ao compañeiro a traves do cadro que queda xuntando o pulgar e o indice das duas mans en forma de duas
Ls invertidas. Intentará
daquela obter un plano xeral, un plano medio con angulación
normal, outro en picado e outro en contrapicado, un primeiro plano
e un plano detalle dun ollo. Con cada un dos planos describirán
que relación establecen coa persona encadrada, se están
cómodos ou incómodos se se sinten cercanos ou distantes...
Recursos necesarios
Recomendacións
Este exercicio funciona moi ben para entender a intimidade do primeiro plano ou a vulnerabilidade do picado, compre deixar espazo aos rapaces para que poidan percibir esto claramente.
TAREFA: Fai un Storyboard
Enunciado:
Un Storyboard é coma un cómic. Onde as historias contanse con imaxes. Busca unha historia sinxela, se non se che ocorre outra pensa nunha persoa no deserto que se lle acabou a auga da cantimplor. Ao fondo ve un exhuberante lago mais cando se achega non era mais que unha ilusión.
Recursos necesarios
Papel, lapis e goma
Recomendacións
É importante que se teña en conta para esta ou calqueira outra historia, que se teña en conta a tipoloxía dos planos e as súas posibilidades descriptivas e expresivas. Por exemplo para ver que a cantimplora está baleira precisaremos un plano bastante curto.
TAREFA: Visionado e identificación de planos,
ángulos e movimentos de cámara
Enunciado
Imos identificar os diferentes elementos da linguaxe audiovisual
visionando na aula breves fragmentos de diferentes películas.
O mestre entrega a cada alumno unha táboa con dúas
columnas, na da esquerda van numerados os planos que aparecen na
peza e á da dereita vai en branco para que eles completen
o nome do plano, ángulación e movimento de cámara
que observen.
Cada peza proxectarase 3 veces, os alumnos apuntarán nun
folio os nomes dos planos que atopen:
1.Visionado fragmento filme X. Identifica os tipos de plano
2.Visionado fragmento filme X. Identifica os tipos de ángulo
3.Visionado fragmento filme X. Identifica os movimentos de cámara
Recursos necesarios
Conexión a internet, ordenador ou reprodutor de DVD, proxector,
fotocopia da lista de planos, lapis e goma
Recomendacións
Para os filmes buscaranse os que teña disponibles o centro ou o mestre. Para empezar aconséllase utilizar fragmentos sinxelos con
planos de longa duración, para que os alumnos se vaian acostumando
a ver os diferentes tipos de plano, ángulos e movimentos. Póderíase facer unha segunda ronda de visionados
con pezas máis rápidas en complexas para aumentar
a dificultade e o desafío.
TAREFA: O reloxo de Millerson
Enunciado
En grupos de tres, un será o talento ( o que posará para as fotos), outro tirará as fotos e o terceiro moverá unha linterna (a do móvil vale tamén) ao redor do talento seguindo as franxas horarias dun reloxo. Correspondese as 12 coa parte superior do cráneo, as 3 e as 9 coas duas orellas e as 6 co queixo. Haberá de facerse unha foto para cada unha das horas. Unha vez rematado o plano vertical pode repetirse o exercicio no plano horizontal considerando que as 12 é o náriz e as 6 na caluga.
Recursos necesarios
Cámara e linterna.
Recomendacións
Unha vez rematadas as fotografías compriría un análise de como cambia o rostro da persoa en función de onde o iluminamos, por exemplo dicir que cando iluminamos dende abaixo os rasgos adoitan ter un aspecto algo "terrorífico". |