AS HISTORIAS D@S NOS@S |
||||||||||||||
|
||||||||||||||
|
A NARRACIÓN: Da idea ao guión
Cómo contamos a nosa historia? Como xa sabes nos filmes os actores deben aprender moitas páxinas de diálogo que logo recitan ante a cámara. Eses diálogos son o guión da peza audiovisual. Ademáis das frases dos actores nel tamén explicáse se é día ou noite, se están dentro dunha casa ou na rúa, ou que están facendo os actores mentras falan, cómo é o lugar no que se atopan.., etc.
|
Foto: Mercedes Caínzos |
|||||||||||||
|
A. AS TAREFAS (pulsa aquí para acceder a elas)
|
||||||||||||||
B. A TEORÍA:
- Técnica do guión - Análise do guión audiovisual - O guión para documentais - A entrevista. Técnicas
O guión é a base de calquer produto audiovisual, a primeira fase do noso documental é transformar unha idea nun guión. Escolleremos o que queremos contar, informarémonos sobre o tema, falaremos con o protagonista ou protagonistas posibles, coñeceremos as súas historias e, despois, con toda a información recopilada, seremos quenes de crear un guión. Podemos contar a nosa historia utilizando un destes xéneros: - Ficción - Documental - Vídeocreación En primeiro lugar a podemos contar de xeito ficticio ou dramático. Neste caso a nosa historia, aínda que estea basada en feitos reais, é dramatizada e representada por actores e non polos protagonistas reais. A realidade é transformada e, moitas veces, decorada para resultar máis interesante. A produción do documental é ben diferente porque todo o que contamos é certo e, polo xeral, contado polos seus propios protagonistas ou aqueles que os coñecen. Podemos utilizar únicamente imaxes grabadas por nós ou ben combinalas con imaxes de arquivo procedentes doutros documentais, reportaxes,etc. Esta opción supón facer un esforzo maior de investigación, dándolle contexto a historia que imos contar. Existe una terceira opción de espór unha idea de xeito visual que é a videocreación, neste caso trátase dun exercicio artístico non limitado pola realidade nen por convencións narrativas.
Para contar as historias dos nosos podemos escoller calquera das tres opcións. É certo que o lóxico podería aparecer escoller a opción documental pero tamén podemos ficcionalizar o que eles nos contan combinando realidade e ficción.
Como guionistas podémonos atopar cos seguintes tipos de guións: Guións planificables: correspóndense con productos de ficción que teñen guións completos. Sen guión: en programas de televisión sen apenas guión pero guiados por unha escaleta/listaxe con a orde dos contidos ou seccións como acontece en reportaxes, entrevistas, tertulias e debates, etc Guións parcialmente planificables: os programas de entretenemento só permiten planificar parte dos seus contidos, como no nos musicais, concursos, magazines.., deixando amplo espazo para a improvisación.
Etapas que levan ao guión:
A idea: Temos que ser quenes de resumir en dúas líñas de qué va a nosa peza. Sinopse: Resume brevemente o que vai contar o guión, explicando qué ocorre, a quén lle ocorre e en qué orde acontece. Aquí precisamos ternos xa documentado e investigado sobre o tema. Tratamento: Dúas ou tres páxinas. Ampliación da sinopse na que presentamos personaxes, os seus vínculos e os espazos nos que ocorre a acción. Argumento: De sete a doce páxinas. Conta polo miúdo todo canto acontece no guión sen deixarse nada fora, describindo cada escea. Guión literario: é propiamente o guión sobre o que traballará todo o equipo.
Dividido en esceas contén todos os os diálogos que acontecen en cada unha delas. Cada escea indica se é exterior ou interior, día ou noite, lugar da acción, como mínimo, aínda que pode conter outras aclaracións. Debe conseguir que calquera que o lea sexa capaz de imaxinar a acción.
Existen tres formatos de guións literarios:
A unha columna. Habitual no cine. A descripción da acción e os diálogos redáctanse ocupando o ancho da páxina, deixando maior tabulado para os diálogos. A dobre columna. Propio dos programas de ficción e informativos. A columna da esquerda acolle a descripción da acción e a da dereita os diálogos e efectos sonoros que se corresponden coa acción. A tres columnas. Similar ao anterior pero desdobrando a columna da dereita en outras dúas, de xeito que de esquerda a dereita teremos a descripción da acción, diálogos e efectos sonoros. |
||||||||||||||
| Ir arriba | ||||||||||||||
Guión técnico: é a transformación do guión literario en imaxes e son, é a guía fundamental para a posta en escea. O elabora o realizador ou director
Reflexa: Descripción da acción Tipos de plano numerados e en orde (plano detalle, primeiro plano, plano medio, de conxunto...) Ángulos de toma (frontal, lateral, picado, contrapicado...) Movimentos de cámara (panorámica, travelling...) Montaxe por corte, fundido, encadeado... Tipos de obxetivos Efectos de son, músicas, son de fondo...
Storyboard: representación visual con debuxos a man ou en formato dixital das accións descritas no guión técnico, explicando o tamaño de plano, qué elementos entran no encuadre e con qué disposición...
|
||||||||||||||
![]() Foto: Matt Popovich on Unsplash |
||||||||||||||
Nesta etapa atopámonos na fase de preprodución, na que xa tendo unha historia en desenvolvimento comezamos a planificar os recursos humanos, técnicos e loxísticos que precisaremos.
A estructura sintáctica que constrúe o relato audiovisual
está integrada polos seguintes elementos:
Plano: segmento da toma que seleccionamos ao facer a montaxe. Escea: parte da narración que ten lugar no mesmo escenario ou escenarios adxuntos. Cumple con as unidades de espazo e tempo, de xeito que debe acontecer nun mesmo escenario e tamén nun mesmo tempo, sen elipsis. A forman un plano (plano secuencia) ou varios. Secuencia: parte do guión con sentido completo que acontece nun mesmo escenario, aínda que teña varias localizacións ou decorados contiguos dentro do mesmo espazo. Admite elipsis narrativas, logo ten unidade de espazo pero non de tempo. Bloque de grabación: En programas televisivos multicámara é un xeito de organizar o plan de traballo. É cada parte da acción que é gravada dunha soa vez, pode estar integrado por un ou varios planos, unha escena completa ou só parte dela, etc
O xénero documental conecta co ámbito periodístico e fai uso de algúns dos seus subxéneros:
Entrevista: a través do diálogo dase a coñecer os entrevistados e entrevistadas á audiencia, escollidos pola súa relevancia nun ámbito ou polo seus coñecementos en determinada área ou noticia de actualidade. Crónica: vai un paso máis aló da noticia ao incluir a reflexión do periodista. Reportaxe: traballa sobre os antecedentes dalgunha noticia xa tratada, fai referencia ás súas posibles consecuencias), ampliándoa con documentación e investigación e profundizando no tema cun enfoque orixinal. É o paso anterior ao documental (pero con menor duración) xa que trata de explicar o por qué dos acontecementos relatados, amplía a noticia engadíndolle entrevistas, enquisas, crónica, análise, comentarios de expertos...
Cando a reportaxe aproxímase aos 60 minutos de duración pasa a convertirse en documental e pode incluir elementos como: - Fragmentos de vídeo, audios, fotografías, ilustracións.., recollidas por nós ou de arquivo, para explicar os seus antecedentes, posibles consecuencias, etc. - Entrevistas - Directos a cámara do reporteiro - Narración en off - Música, efectos sonoros, silencio - Infografías, rótulos, animacións - Efectos de postprodución |
||||||||||||||
Foto: Sam McGhee on Unsplash |
Foto: Ross Sneddon on Unsplash |
|||||||||||||
O guión de reportaxes e documentais é de tipo dinámico porque, aínda que podemos preparar as preguntas que imos facer aos entrevistados, non sabemos qué nos van contar nin se coincidirá coa nosa idea, se cadra envíannos por camiños diferentes. Non se pecha totalmente ata que o montamos, porque o iniciamos na fase de investigación previa á súa creación en base á nosa idea inicial, pero o vamos modificando segundo coñecemos e entrevistamos aos seus protagonistas, atopamos outros novos, conseguemos nova información que amplia ou modifica o camiño inicial e, finalmente, cando o montamos o reescribimos de novo ao combinar unhas imaxes con outras, dándolles novo sentido.
1- Atopar unha idea que nos pareza interesante. No noso caso alguén dos nosos con unha historia que contar; o avó que emigrou a Suiza, a prima que foi adoptada, a tía avoa que foi a primeira universitaria da familia...
2- Sinopse. En dúas liñas explicamos de qué irá a nosa peza. “A miña avoa Herminia foi a primeira española en traballar en Zurich para a chocolatería Nestlé, non falaba o idioma nin coñecía a ninguén alá pero non lle deu medo marchar do seu país”
3- Investigación previa. Falamos cos protagonistas da nosa historia, gravamos o audio das súas entrevistas, buscamos información sobre as cidades das que nos falan, as épocas, de persoas que viveron o mesmo...
4- Guión literario. As veces só o compoñen as preguntas que lles faremos cando os gravemos en vídeo pero o ideal é que prever qué planos e audios gostaríanos incluir, deixamos o mínimo á improvisación:
5- Localizacións. No guión xa dixemos onde queremos gravar; agora temos que atopar os espazos que se axusten; os lugares nos que viveron os nosos protagonistas, os salóns das súas casas, as cociñas, as leiras ou camiños onde os entrevistaremos, onde traballaron, onde pasaban o seu lecer, a estación de tren da que marcharon, etc. Nesta fase poden acontecer cambios no guión porque as persoas e lugares que atopemos poden darlle novos xiros á nosa historia.
6-Preparación da rodaxe. Con o guión rematado (aínda que sempre aberto a cambios) temos que decidir qué necesitamos e poñernos a conseguilo:
- Persoal artístico: actores, presentadores - Persoal técnico: realizadores/as, productores/as, cámaras, iluminadores/as, decoradores/as, sonidistas, maquilladores/as, montadores/as... - Equipamento técnico: cámaras, móviles ou tablets con tarxetas sd para gravar e fotografar, trípodes, iluminación, micrófonía... - Dirección de arte: Decorados, atrezzo, mobiliario, vestiario, maquillaxe...
Este apartado é ampliado no menú “Preprodución" |
||||||||||||||
|
||||||||||||||
7- Postproducción. Montaremos as pezas gravadas compoñendo a nosa peza.
|
||||||||||||||
Foto: Wahid Khene on Unsplash |
Foto: Glenn Carstens-Peters on Unsplash |
|||||||||||||
A entrevista. Técnicas Na entrevista documental o protagonista é o entrevistado, o entrevistador só ten que facer as preguntas axeitadas. O noso protagonista ten unha boa historia e temos que darlle as ferramentas para que a conte, animándoo a continuar, fiando o que nos está a contar con o que dixo anteriormente para axudarlle a dar sentido ao relato, recordándolle onde deixou a historia se divaga ou se perde, etc. Pero, sobre todo, o poder da entrevista está en saber qué preguntar. Como neste caso interésanos que nos falen das súas vidas podemos comezar polo principio preguntado, por exemplo:
- Onde naciches e en qué ano? - En qué traballaban os teus pais? - Cómo foi a túa infancia? Falanos da túa familia
Unha vez introducido o personaxe pasamos á historia principal deles que nos interesa, os nosos protagonistas o son porque a súa vida foi ou é peculiar e os admiramos por elo. Así que lles a animamos a falar diso, sempre con preguntas breves e concretas que non sexa posible contestar con un sí ou non, para facilitar o relato:
- Qué cousas cambiaron moito respeto a cómo eran cando eras novo? - Cómo cambiou a túa vida? - Qué cousas non cambiaron nada? - Crees que as cousas melloraron? - Qué dificultades atopaches entón? - Cómo é o teu día a día? - Que é o que máis che gusta facer?
Non debemos esquecernos de darlle o pé se se perde no relato, perde o fío ou queremos que nos fale máis de algo que mencionou. É importante tamén facer labor de asistencia ao personaxe, explicándolle previamente de qué vai o noso proxecto e cómo gravaremos a entrevista, amosando empatía, facendolle sentir cómodo e animándoo a proseguir.
Rabiger en "Directing the documentary" explica qué pautas adoita explicar ao entrevistado: Esto é un documental e normalmente, rodamos moito máis do que vamos a utilizar. Polo tanto, si se confunde ou di algo errado, non se preocupe, porque sempre poderemos correxilo ao efectuar a montaxe. Por outra parte, se vexo que nos apartamos do tema, se cadra tome a liberdade de lle interrumpir. Espero que non lle pareza mal. Nunca se me fixeron obxeccións; polo contrario, a xente parece sentirse máis segura ao ver que asumo a resposabilidade de dirixir, en términos xerais, o fío da nosa conversación.
Deste xeito manteremos vivo o relato dicíndolle, por exemplo:
- Entón? - Sí? e logo qué pasou? - Pareceme moi interesante esa anecdota, podes contarme máis?
|
||||||||||||||
| Ir arriba | ||||||||||||||