AS HISTORIAS D@S NOS@S

INICIO GUIÓN PREPRODUCIÓN PRODUCIÓN POSTPRODUCIÓN DOCUMENTACIÓN

A PREPRODUCIÓN. Cómo o organizamos?

É a primeira fase da creación da nosa peza audiovisual. Aquí o guión está en construcción, estamos a investigar e obter información sobre a nosa idea, estamos a falar cos nosos protagonistas, buscando as localizacións nas que traballaremos, o material que precisaremos e as persoas que traballarán con nós. É a fase de preparación ou preproducción, a anterior á grabación.


Foto: Campaign Creators on Unsplash

A. AS TAREFAS

(pulsa aquí para acceder a elas)

 

B. A TEORÍA

 

- As fases na preprodución

- O desagregamento do guión

- Listados

- Localizacións

- Permisos

- O plan de traballo

- A orde de traballo

- O orzamento

- Seguros

 

Os productores encárganse de conseguir todo o que precisaremos, dende os especialistas de cada área que traballarán na produción ata os materiais. Son as persoas que coñecen todo sobre o proxecto e as que o poñen en movimento.

 

As funcións do equipo de produción

 

Os primeiros en incorporarse ao proxecto audiovisual son o productor, o director, o realizador e o guionista.

 

As tarefas do/a productor/a e os seus axudantes son:

 

- Supervisar a gravación e a posprodución

- Xestionar o equipo humano e o equipamento técnico necesario

- Xestionar o orzamento e as compras, alugueres e préstamos

- Elaborar, coordinar e planificar o calendario do proxecto, que divide as tarefas en tres bloques:

- Preprodución

- Produción e postproducción

 

As fases na preprodución

 

Investigación e documentación

 

Para dar vida á nosa idea e plasmala sobre un guión temos que investigar profundamente sobre ela accedendo a todo tipo de material posible; internet, libros, revistas e periódicos, vídeos, música, outras reportaxes e documentais sobre o mesmo tema...

Pero tamén temos que falar coas persoas protagonistas ou aqueles que ascoñeceron, son fonte de información de primeira man, así como institucións e expertos estudiosos dos temas relacionados. Deles obteremos fotografías, vídeos, recortes e todo tipo de documentación.

 

O desagregamento do guión

 

O desagregamento é o análise que facemos do guión para extraer qué necesidades de produción teremos. Cumpre con dúas funcións principais:

 

- Prever que medios técnicos e materiais precisaremos na rodaxe e establecer o custo total que reflexaremos no orzamento.

- Facer posible que elaboremos o plan de traballo ou de rodaxe que reflexa as necesidades de persoas e materiais diarios.

Utilizamos as follas de desagregamento, unha por secuencia, nas que reflectimos qué elementos dí o guión que aparecen nela.

Cada equipo fai o seu desagregamento coas necesidades propias, o director de produción fai o que se chama desglose de secuencias mecánicas. Considérase o desagregamento principal, xa que é o que nos vai permitir elaborar o plan de traballo.

 

Secuencia por secuencia especificamos qué elementos aparecen, a fin de cuantificar qué será necesario conseguir para a rodaxe como personaxes, actores, vestuario, extras, escenografía, utilería, efectos especiais, maquillaxe, vestiario, vehículos/animais, son, fotografía, equipamento especial e produción...

 

No desagregamento de secuencias mecánicas as regras son:

 

- Unha folla diferente por cada secuencia

- Aínda que pódense agrupar nunha soa folla de desagregación as secuencias que polas súas características similares sexa razoable facelo

- Utilízanse follas de cores diferentes para as escenas de día/exterior, noite/exterior, día/interior, noite/interior

 

E especificaremos:

 

- Número de páxina e total de páxinas

- Número de planos

- Localización. Escenario real do lugar no que rodaremos. Coirós, por exemplo

- Descrición do que acontece na secuencia

- Decorados. Habitación de María, por exemplo

- Día ou noite. Se se vai a falsear unha noite rodándoa de día (noite americana) poñeremos “día”

- Personaxes e actores. Especifica os actores principais ou secundarios e os nomes dos personaxes engadindo o número asignado ao vestiario que leva nesa secuencia.

- Episódicos e figuración. Cantos serán necesarios en cada categoría; mulleres, homes e nenos.

- Especialistas. Dobres de acción, dobres de luces ou especialistas en actividades concretas como mestres de armas, expertos en floretes, etc

- Necesidades de peluquería e maquillaxe

- Animais, vehículos, efectos especiais, etc.

- Observacións: Aquí especificamos necesidades de cámara ou son fora do habitual.

 

Ir arriba

 

Outros tipos de desgloses poden ser:

 

- Desglose de personaxes

- Desglose de escenografía. Mobiliario e atrezzo

- Desglose de atrezzo xeral. É aquel material que se presume que debe estar polas características do decorado aínda que non o mencione esplícitamente o guión. Por exemplo, nunha perruquería sabemos que debe de haber mareriais para lavar e secar o pelo

- Desglose de atrezzo especial. Obxetos que menciona expresamente o guión e que desempeñan un papel importante na acción, como o peine que a protagonista arroxa contra un espello.

- Desglose de vehículos. Só se describen polo miúdo os que son importantes na acción, os demáis apenas

- Desglose de semovientes ou animais

- Desglose de son

- Desglose de material de arquivo

- Desglose de iluminación

- Desglose de figuración

 

Tras ter desagregado todas as secuencias do guión faise o desagregamento do desagregamento: agruparemos todas a secuencias mecáncias por localizacións ou decorados, interior ou exterior, noite e día. De xeito que no plan de traballo da grabación grabaremos xuntas todas as secuencias que ocorran nos mesmos espacios, aforrando así no orzamento.

 

Listados

 

As follas de desagregamento permítennos facer listados por categorías de todo canto aparacerá na peza audiovisual; listado de personaxes, atrezzo, vestiario, mobiliario, iluminación, etc Esos listados farán posible saber un orzamento preventivo do que pode costar a nosa produción. Se tes un guión rematado podes calcular canto costará facelo.

 

Localizacións

 

Poden ser de dous tipos:

 

- Interior ou exterior natural

- Plató

 

As vantaxes de gravar en plató son que non é necesario instalar equipos por ser fixos e que teremos máis control sobre a gravación, non inflúe que faga mal tempo ou que a luz non sexa suficiente. Como desvantaxe ten custos de aluguer do espazo e de despramentos, ademáis de supoñer construir decorados.

Unha reportaxe ou documental, polo xeral, utiliza interiores e exteriores naturais pola veracidade e naturalidade que aportan. Iso sí, teremos que afrontar:

 

- Desprazamentos de persoas e materiais a múltiples localizacións en lugar de só a plató

- Problemas por iluminación insuficiente, ruidos próximos que poden entrar por micro...

- Instalación de iluminación e, polo tanto, necesidade de instalacións eléctricas axeitadas

- Instalación de escenografía, mobiliario...

- Peticións de permisos a persoas privadas e/ou institucións

- Búsqueda de espazos de aparcamento

- Búsqueda de aloxamento e manutención próximos

 

Cando acudamos ás localizacións a “localizar” deberemos ter en conta todos eses apartados e apoiarnos en elementos como fotómetro, visor cámara, brújula, cámara fotos, cinta métrica, prismáticos...

Cada equipo revisará a localización e aportará a súa opinión; unha localización perfecta para o realizador pode ter unhas vías de tren próximas e, polo tanto, ruido constante; pode estar demasiado alonxado dos lugares de pernocta, ter mala accesibilidade para os vehículos de produción, etc

 

Permisos

 

O equipo de produción fará acordos de cesión de espacio cos donos de terreos, domicilios, etc.. e, se imos gravar na rúa, teremos que obter permiso do concello coa debida antelación e, incluso, se imos ocupar rúas debemos falar coa policía local para evitar problemas. Dependendo do grao de ocupación de espazos urbanos pode ser que teñamos que pagar unha taxa.

Neste apartado é especialmente de utilidade o traballo das Film Comissions, organismos dependentes de concellos que gratuitamente aportan información sobre a área e os permisos necesarios, moitas veces incluso facilitan o papeleo.

 

O plan de traballo

 

Organiza a fase de rodaxe establecendo cada día onde se grava e que persoas e materiais son necesarios, agrupando nos mesmos días as secuencias que teñan en común a localización, os mesmos actores, os efectos especiais, etc.., para así aforrar custos. Por iso, o plan de traballo non ten polo xeral un orde cronolóxico.

 

No plan de traballo especificamos:

 

- Data, xornadas numeradas por orde de grabación

- Esceas, número de páxinas de guión a rodar por día (cada páxina divídese en 8/8, de xeito que nun día é posible rodar 5/8, por exemplo)

- Interior/exterior, día/noite

- Título, director

- Personaxes, actores, figurantes, extras, efectos especiais, vestiario, maquillaxe, son, equipamento especial, notas de produción

- Decorado e localización

 

Ir arriba

 

A orde de traballo

 

O equipo de produción elabora unha orde de traballo por cada xornada de rodaxe que específica o plan de traballo, que é enviada todos os días a todo o equipo.

Nela especifícase en que horario debe chegar ao decorado cada participante, sexa actor ou técnico.

 

O orzamento

 

Unha vez elaborado o plan de traballo podemos elaborar o orzamento da nosa peza, xa que xa sabemos qué persoal precisaremos cada día, as comidas que precisaremos, os coches, o aloxamento, os materiais a comprar ou alugar, etc

O ICAA proporciona un modelo que é o habitualmente utilizado en cine e que distribúe os gastos por capítulos presupuestarios:

 

 

CAP. 01.-GUION Y MUSICA

CAP. 02.- PERSONAL ARTISTICO

CAP. 03.- EQUIPO TECNICO

CAP. 04.- ESCENOGRAFIA

CAP. 05.- EST. ROD/SON. Y VARIOS. PRODUCCION

CAP. 06.- MAQUINARIA, RODAJE Y TRANSPORTES

CAP. 07.- VIAJES, HOTELES Y COMIDAS

CAP. 08.- PELICULA VIRGEN

CAP. 09.- LABORATORIO

CAP. 10.- SEGUROS

CAP. 11.- GASTOS GENERALES

CAP. 12.- GASTOS EXPLOTACION COMERCIO Y FINANCIACION…

 

Aquí podes atopar o excel completo para elaborar o teu orzamento:

https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/informacion-servicios/in/procedimientos-administrativos/presupuesto-coste-pelicula.html

 

Seguros

 

Nunca debemos sair a gravar sen estar cubertos, como mínimo, por un seguro de responsabilidade civil que respalde calquer perxuizo que poidamos causar a persoas e materiais alleos e outro que protexa os nosos equipamentos, vehículos, etc.

 

 
Ir arriba
¡