AS HISTORIAS D@S NOS@S

INICIO GUIÓN PREPRODUCIÓN PRODUCIÓN POSTPRODUCIÓN DOCUMENTACIÓN

A POSTPRODUCCIÓN: Cómo pegamos as pezas?

Para comprender por qué montamos unhas esceas en determinado orde debemos comprender cómo funciona a linguaxe audiovisual.

Aquí aprenderemos os seus códigos e técnicas.

Foto: Jakob Owens on Unsplash

A. AS TAREFAS

(pulsa aquí para acceder a elas)

 

 

B. A TEORÍA

 

- Os códigos no relato audiovisual

- A postprodución

- O espazo e o tempo

- Movemento e ritmo

 

OS CÓDIGOS no relato audiovisual

 

Para comprender por qué montamos unhas esceas en determinado orden debemos comprender cómo funciona a linguaxe audiovisual. Utilizamos básicamente dous tipos de códigos, os visuais e os sonoros:

 

CÓDIGOS VISUAIS:

- Os planos

- Os ángulos

- Os movementos de cámara

 

Os tipos de plano

 

O plano é a unidade mínima de linguaxe audiovisual, é un fragmento con continuidade de espazo e tempo que se desenvolve entre dous cortes.

A clasificación en función do seu tamaño é:

 

Gran plano xeral. Plano descritivo que cobre todo o escenario no que acontece a acción. A figura humana aparece diminuta e pouco distinguible.

Plano xeral. Mostra a figura humana de corpo enteiro.

Plano americano. A figura humana vese de xeonllos para arriba.

Plano medio. Corta a figura humana de cintura para arriba.

Plano medio curto. Corta a partir do peito.

Primeiro plano. Corta a partir dos ombreiros.

Gran primeiro plano. Deixa ver dende o queixo ata a fronte.

Plano detalle. Mostra un obxecto ou detalle dende moi cerca.

Plano de conxunto. Permite encadrar varios personaxes de corpo enteiro.

Plano Master. Recolle o conxunto dunha escena en continuidade, sen cortes, para servir así como referencia á hora de realizar a montaxe, así como para ter planos intermedios que poidan ser de utilidade.

Plano secuencia. Coinciden en duración o plano e a secuencia completa, ao non haber cortes.

 

gran canon Foto: Ganapathy Kumar on Unsplash ovni bulgaria Foto: Mercedes Caínzos donosti Foto: Mercedes Caínzos
Gran plano xeral Gran plano xeral Gran plano xeral
rodaxe coche
Foto: Mercedes Caínzos
plano americano
Foto: Philipe Cavalcante on Unsplash
plano medio b
Foto: Michael Dam on Unsplash

Plano xeral

 

Plano americano

 

Plano medio

 

primer plano Foto: Christopher Campbell on Unsplash Gran primeiro plano
Foto: Christopher Campbell on Unsplash
Plano detalle
Foto: Jakob Owens on Unsplash

Primeiro plano

 

Gran primeiro plano

 

Plano detalle

 

O punto de vista. Os ángulos.

 

En función do ángulo que utilicemos temos os seguintes tipos de plano:

 

Normal. A cámara sitúase á altura dos ollos do personaxe.

Picado. A cámara toma o personaxe dende arriba, facéndoo parecer máis pequeno, menos importante ou mesmo deprimido. A súa posición máis extrema ou máis picada é o plano cenital

Contrapicado. A cámara sitúase por baixo do personaxe, facéndoo parecer máis forte e importante. A súa angulación máis extrema é o nadir

Ángulo aberrante. A cámara afástase do eixo horizontal, producindo sensación de inestabilidade e desasosego, especialmente se o combinamos cun ángulo contrapicado.

Punto de vista subxectivo. A cámara toma o punto de vista dun dos personaxes facéndonos ver a través dos seus ollos

 

 

Normal
Foto: Lucas Sankey on Unsplash
Picado
Foto: Yannes Kiefer on Unsplash
Cenital
Foto: Justin Wilkens on Unsplash

 

Ángulo Normal

 

Picado Cenital

Foto: Mercedes Caínzos

Foto: Mercedes Caínzos

Foto: Mercedes Caínzos

Contrapicado

 

Contrapicado

 

Contrapicado

 


Foto: Mercedes Caínzos

Foto: Catcap on Unsplash

Foto: Mercedes Caínzos

Nadir

 

Nadir

 

Nadir

 

 

Os movementos de cámara

 

Panorámica. É o xiro da cámara sobre o seu eixo sen desprazamento do seu soporte. Pode ser horizontal ou vertical, é dicir, de esquerda dereita ou de arriba abaixo, ou viceversa.

Pode server de acompañamento dun personaxe ou un obxecto, describir unha escea mostrándonos o espazo na súa totalidade, pode seguir o movemento dun personaxe ou obxecto, establecer unha relación entre elementos ou personaxes...

Por norma é inferior a 150°, debe de facer un percorrido suave sen paróns, habitualmente de esquerda a dereita ao ser ese o modo de lectura que realiza o cerebro humano. Se se realiza a gran velocidade denomínase varrido.

Travelling. A cámara desprázase xunto co seu soporte. Pode ter tamén obxecto descritivo, de acompañamento, de relación, etc.

O zoom pode producir unha sensación parecida pero non é un movimento de cámara, trátase dun travelling óptico, neste caso móvense as lentes do obxectivo variando a distancia focal e dando a sensación de que os obxectos se achegan ou se afastan entre si, o resultado é notablemente diferente

Grúa. Permite simultáneamente virar a cámara sobre o seu eixo á vez que fai travelling en horizontal ou en vertical.

 

Os códigos gráficos.

 

- Didascalias ou acotacións. O cinema mudo utilizábaas como soporte dos diálogos.

- Títulos de crédito. Nos que se da crédito a todos e todas que participaron na produción.

- Subtítulos. Permiten a compresión doutros idiomas e apoian a persoas con discapacidade visual.

- Escritos diexéticos (pertencentes á historia narrada) ou non diexéticos

 

Os códigos sonoros.

 

Están integrados principalmente por tres elementos:

 

1. Voz. A voz que aparece no relato audiovisual pode ser:

 

- Voz IN. Diálogos da secuencia

- Voz OFF. Voz fora de campo dun personaxe que está presente no encadre a modo de narrador

- Voz OUT. Voz fora de campo dun personaxe non presente no encadre, a modo de monólogo interior, frecuentemente en Flashbacks.

- Voz OVER. Voz inserida en paralelo ás imaxes, sen gardar relación con elas, adoita ser un narrador omnisciente

- Voz THROUGH, Voz dun personaxe presente no encadre á marxe do que ocorre e do movemento dos seus beizos. É o caso dun personaxe que fala de costas a cámara.

2. Ruídos. Complementa a información visual do plano.Tamén poden ser IN, OFF. OUT, OVER e THROUGH.

3.Música. Habitualmente non vemos a súa fonte dentro do plano, de modo que sería out e over, aínda que ás veces podemos ver orquestras, unha minicadena, a radio do coche, etc., emitindoa.

 

Tipos:

Incidental. Soamente escoitada polo espectador, adoita salientar unha situación dramática.

Real. A escoitan os personaxes de modo que pode ser unha radio, un televisor, unha actuación en directo que sae en escea, etc..

Íntegra. Real e incidental á vez

Asincrónica. Non se corresponde nin coa imaxe nin con o son que se está a percibir. En xeral para establecer un contraste, como montar unha música infantil sobre unha pelexa a puñadas.

Ir arriba

A postprodución.

 

Orde e desorde

 

Unha vez que sabemos qué pezas visuais e sonoras compoñen o relato audiovisual pasamos a ver cómo as pegamos na postprodución ou montaxe.

 

Unha extendida regra de guión é “empeza tarde e marchar pronto”. A montaxe permítenos trastocar a orde lóxica dos acontecimentos de xeito que, se queremos contar que unha rapaza foi levar a comida á súa avoa e meteuse en problemas cun lobo, podemos empezar a contalo cando o lobo xa papou á avoa e logo voltar ao principio (flash back) e, cando cheguemos a contar o desenlace, podemos rematar a historia sen contar se a avoa saiu ou non airosa.

 

Relato ordenado:

Nena vai ao bosque – nena atopa lobo – lobo papa á avoa – nena descobre que a avoa é o lobo disfrazado – cazador mata ao lobo disfrazado

Relato desordenado:

Cazador mata á avoa (nós non sabemos que é o lobo disfrazado) – nena vai ao bosque – nena atopa lobo – lobo papa á avoa – nena descobre que a avoa é o lobo disfrazado – cazador mata ao lobo disfrazado

 

O relato sexa escrito ou audiovisual utiliza a técnica do suspense para manter ao lector/oínte/espectador atrapado na historia, non dar toda a información dende o principio ou dala noutro orde beneficia manter o suspense e supón reter aos receptores da historia.

A montaxe é un rompecabezas que podemos ordear como desexemos, incluso podemos editar como Quentin Tarantino en “Pulp fiction” e desordear por completo as pezas, deixando que o espectador poña mentalmente a orde correcta, mantendoo atrapado no suspense non só de qué acontecerá despois senón do qué aconteceu antes.

Ademáis do suspense, o relato utiliza a curiosidade (Qué fará o lobo para conseguir comer á nena? Salvarase?) e a sorpresa como técnica para manternos atentos (Vaia, a aboa era o lobo disfrazado)

O cine de terror basease na sorpresa/susto constante, esperar o susto é a o fai disfrutable.

 

O espazo e o tempo

 

A montaxe articula unha estructura de códigos visuais (tipos de planos, ángulos e movimentos de cámara) e sonoros (voz, ruidos, música, silencio) adherindo un plano co seguinte para formar unha articulación espacio - temporal que configura a obra audiovisua.

 

Hai tres tipos de relación espacial entre planos contiguos:

 

- Continuidade espacial con o sin continuidade temporal, estamos no mesmo espazo, o tempo pode ser o mesmo ou diferente

- Discontinuidade espacial simple, cando o seguinte plano acontece nun espacio distinto pero claramente próximo ao anterior

- Discontinuidade espacial normal, o segundo plano acontece noutro espacio

 

O raccord ou continuidade é o que nos permite dar referencia ao espectador entre os espacios de planos contiguos e salvar a discontinuidade espacial, para que non se sinta perdido.

 

Tres tipos de raccord:

 

1. RACCORD DE DIRECCIÓN

O movimento da personaxe en planos sucesivos debe apuntar na mesma dirección. Se unha corredora nunha pista de atletismo sae do plano pola dereita no seguinte plano deberá entrar pola esquerda, se non parecerá que cambiou de dirección.

--> -->

2. RACCORD DE MIRADAS

Nunha entrevista utilizaremos habitualmente a técnica do plano contraplano, alternando planos de entrevistado e entrevistador de xeito que, para amosar que están a se a mirar un a o outro, un debe mirar á dereita e o outro á esquerda dos seus planos respectivos, creando un eixo imaxinario entre as súas miradas.

--> <--

3. RACCORD DE POSICIÓN, NO EIXO OU REGRA DOS 180 GRAOS

Consiste en trazar unha liña imaxinaria entre dous personaxes e manter a cámara a un lado ou ao outro dela pero sen pasar nunca os 180° que hai a cada lado. Deste xeito non cambiamos o eixo de acción facendo que o espectador teña referencia de onde se atopan os personaxes.

Un exemplo disto é o que ocorre cando se grava un partido de fútbol, cando se cambia ao ángulo contrario sempre se nos advirte, porque se non as porterías parecerían cambiar de lado.

Podemos saltarnos este eixo por motivos dramáticos, para introducir un acontencimiento inesperado, por exemplo. Pero se queremos cambiar de lado sen saltar o eixo e que o espectador non se senta confundido podemos utilizar varios trucos; facer un travelling desprazándonos ao redor dos personaxes, inserir un plano detalle que nos faga esquecernos da posición anterior deles, ou un de conxunto que sirva para dar referencia ao espectador da posición dos personaxes e así, a continuación, poder cambiar ao ángulo contrario sen que resulte confuso…

4. Outro raccord é o de LUZ NATURAL por ser moi difícil de controlar, durante a gravación o día vai escurecendo e, ao montar os planos, pódese notar o cambio.

5. A continuidade no ATREZO, mobiliario, vestiario, posturas dás personaxes, etc, é un dos que máis nota o espectador; un plátano a medio comer que ás veces está enteiro e ás veces case rematado, un cambio de peiteado dun plano a outro, pernas que cruzan e descruzan dun plano ao seguinte, ou vasos que aparecen e desaparecen dunha mesa.

 

O tempo

 

O tempo en canto á orde do relato

 

Podemos articular a orde do relato de dúas maneiras:

 

Flashback: cando o transcurso normal do tempo fílmico é roto para volver atrás e contar algo xa pasado

Flashforward: Cando interrompemos a nosa historia para saltar cara adiante no tempo, momentáneamente, xa que despois volveremos ao presente e contaremos a información intermedia que falta. Se non contamos esa parte da historia intermedia e non volvemos ao presente entón estaríamos a facer simplemente unha elipsis, que se adoita utilizar para obviar partes da historia que non son relevantes.

Tamén podemos atoparnos con relatos anacrónicos nos que hai unha alteración da orde temporal e non sabemos qué parte da historia ocorre antes e cal despois.

 

O tempo en canto á duración do relato

 

O relato fílmico truca o paso do tempo con recursos dabondo coñecidos como as follas dun calendario caendo, grafismos que indican que pasou un ano, a voz en off facendo o mesmo ou unha sucesión rápida de planos das personaxes seguindo coa súa vida.

A elipsis permite omitir partes da historia como os desprazamentos dos personaxes dun lugar a outro (de xeito que nunha secuencia di que vai a Barallobre e, na seguinte, xa está alí) acelera o ritmo da historia ou proporciona suspense e sorpresa.

 

Tipos de elipsis

 

Elipsis definidas ou invisibles, teñen unha duración mínima e o espectador non as percibe como tales, xa que mantén unidade de tempo e espazo como, por exemplo, ocorre na planos secuencia.

Elipsis indefinidas ou visibles nas que o espectador ve claramente que se corta a acción e pode adiviñar fácilmente o que se omitiu.

Ao contrario que a aceleración temporal da elipsis, o tempo do relato tamén pode ser mostrado como máis longo que o real mediante o retardo, no que se alonga o tempo e disminúese a velocidade do que acontece, podendo mesmo chegar a ser conxelado.

 

O espazo na montaxe

 

En canto ao espazo, a montaxe permítenos:

- Saltar dun espazo a outro aínda que estean separados por miles de quilómetros utilizando unha sinxela transición.

- Crear espazos novos con efectos como o chroma key, superposicións, desaparicións e aparicións, trucos que existen desde os inicios do cinema con cineastas como Meliés.

- Mostrar varios espazos no mesmo encadre (acción simultánea)

Ir arriba

Movemento e ritmo

 

Ritmo interno

 

O ritmo interno dun plano creámolo na fase de rodaxe e vén dado por:

 

•o movemento da propia acción que rexistra a cámara; movemento das personaxes, conxunto de puntos, liñas, formas xeométricas que crean ritmo na composición do plano, etc

Foto: Mercedes Caínzos
Foto: Mercedes Caínzos

Foto: Mercedes Caínzos
Foto: Joel Filipe on Unsplash
Foto: Chris Barbalis on Unsplash

Foto: Mercedes Caínzos

 

•o movemento da cámara ao facer a toma

•a planificación (tipos de planos e duración)

 

Dese modo un plano aparentemente estático dunha conversación entre dous personaxes sentados pode volverse dinámico ao virar a cámara en travelling a gran velocidade ao redor deles. Ou creando sombras agresivas sobre as caras dos personaxes iluminando as rexas do teito.

Do mesmo xeito, un conxunto de grandes planos xerais longos en duración proporcionan un ritmo lento típico do western, ao contrario que unha montaxe de primeiros planos e detalle en rápida sucesión, máis propio dunha película de suspense.

 

RITMO EXTERNO

 

Este tipo de ritmo conseguímolo ao ensamblar planos na montaxe de diferentes xeitos:

 

Coa duración do plano.

 

O plano adoita durar o que requira o discurso, pode dar tempo ao personaxe para que explique os seus motivos ou mostra unha acción completa de principio a fin.

A duración do plano hai que vela no seu contexto, de maneira que unha parte do relato que requira acougo terá planos que durarán máis tempo en pantalla e unha persecución a gran velocidade requirirá un ritmo máis rápido e, polo tanto, os planos permanecerán pouco tempo antes de dar paso ao seguinte.

 

Coas transicións

 

O corte é o método máis sinxelo de conectar dous planos consecutivos. Proporciona un ritmo áxil dando sensación de instantaneidade aínda que, por ser un salto tan brusco, non é axeitado para certas situacións que requiren maior acougo, nas que sí encaixaría o seguinte tipo de transición.

O encadeado é a transición máis relaxada. Podemos modificar a súa intencionalidade variando a velocidade coa que se pasa dun plano ao outro, polo xeral un encadeado rápido supón unha curta elipsis e un máis lento da a entender que pasou máis tempo entre o plano e o seguinte.

O fundido a negro ou desde negro utilízase para pechar unha acción ou introducir a seguinte, proporcionando un ritmo máis lento que o encadeado e unha maior elipsis.

As cortinillas son un recurso típicamente televisivo, utilízase máis por motivos artísticos que narrativos podendo ter un efecto artificial ás veces buscado para dar un toque “ vintage”

 

A montaxe en función da acción temporal

 

Montaxe lineal: a acción nárrase no orde no que ocorre, respectando a cronoloxía temporal.

Montaxe en paralelo: no que as accións se desenvolven á vez.

Montaxe simultánea: breve e caracterizado por un ritmo acelerado creado por planos de curta duración, en xeral para prepararnos para un clímax.

Montaxe rítmica: no que a montaxe se supedita á banda sonora, seguindo o seu ritmo cos cambios de plano.

Montaxe de síntese: utiliza elipsis temporais.

Montaxe por revogación: utiliza o FlashBack e o Flashforward para introducir un recordo na narración.

Montaxe de anticipación: Monta diálogos ou música que pertencen ao plano anterior.

Montaxe intemporal: fai uso de imaxes a cámara lenta ou conxeladas.

Montaxe de primeiros planos: concéntrase nos rostros dos personaxes, por ser relevante o que din e como reaccionan.

 

Tipos de montaxe segundo a temática

 

Diálogo ou entrevista

 

En xeral este tipo de montaxe utiliza a técnica de plano-contraplano. Para dar referencia da colocación dos personaxes adoita empezar cun plano xeral que os abarca a ambos, respectaremos o eixo colocando a cámara só a un lado deles e compaxinaremos planos medios e primeiros planos dun personaxe e do outro.

Podemos intercalar de cando en vez planos detalle das mans ou do vestiario, complementos, etc.., que nos pareza relevantes na conversación, tamén de cando en vez planos enteiros que nos reubiquen no espazo.

O plano-contraplano é habitual non só en esceas de conversación entre personaxes senón tamén en informativos, entrevistas ou documentais. Transmite sensación de proximidade e, mesmo, de intimidade se se recorre a primeiros planos e detalle como na famosa entrevista a Lady Di.


Foto: NeONBRAND on Unsplash
Foto: Steve Halama on Unsplash
Ir arriba

Documentais

 

Como xa explicabamos no apartado de guión, o documental non ten un guión pechado, xa que a historia vaise creando coa sucesión de entrevistas que realizamos e a investigación en paralelo sobre o tema que estamos a tratar, de feito o guión non está pechado do todo ata que nos atopamos na fase de montaxe.

No documental combinamos os xéneros xornalísticos reportaxe e entrevista. Na reportaxe contamos o que pescudamos na nosa investigación bibliográfica, vídeográfica, fotográfica etc. mentres que na entrevista o protagonista cóntanos as súas experiencias enchendo os ocos que a investigación deixou sen cubrir.

Se na reportaxe combinamos todo tipo de planos, na entrevista facemos uso de planos próximos que nos acheguen emocionalmente ao entrevistado, trátase dun tipo de realización intimista que combina planos detalle, primeiros planos e planos enteiros. Polo xeral o ritmo do documental é pausado, con longos planos contemplativos, dando opción á reflexión por parte do espectador, aínda que o documental de tipo reality frequentemente utiliza trucos propios da ficción, en concreto do xénero de suspense, xogando co espectador ao proporcionarlle continuas sorpresas e xiros dramáticos.

Igual que a ficción a narración dun documental consta de introdución, nó e desenlace. A nosa montaxe conterá imaxes e audio de arquivo e orixinais, combinados con cachos de entrevistas que clarifiquen a información atopada.

O xénero documental con frecuencia expón denuncia de feitos inxustos, pode ser tamén de tipo histórico, científico, falso documental (que é un xénero moi en boga actualmente) etc.

 

 


Foto: Darko Pribeg on Unsplash

Spots

 

Peza breve, de apenas uns segundos que conta unha historia completa coa intención de vendernos un produto. Do mesmo xeito que unha ficción ten un guión pechado moi apoiado no guión técnico, por ser un produto marcadamente visual que entra polos ollos e que ten que contar moito en moi pouco tempo.

Por iso no spot o traballo do montador ten menos marxe de manobra que noutros xéneros ao estar os guions literario e técnico tan pechados.

 

 


Foto: Maid Milinkic on Unsplash

Foto: Mihai Stefan on Unsplash

Ir arriba

Teasers

Adoitan empezar cun ritmo lento para rematar aceleradamente. Adoitan durar menos de dous minutos. A música que se articula coa montaxe iníciase pausada pero vai subindo increscendo a medida que avanza a historia.

Un narrador en off introduce este pequeno relato cunha frase tipo “Cando a humanidade menos o espera” ou “Nunha cidade sen regras” para, a continuación, montar unha serie de anacos das mellores secuencias da película que, moitas veces, son as únicas secuencias boas da película.

Como a película mesma ten tamén inicio, nó e desenlace, de maneira que a narración aumenta cada vez o ritmo grazas a unha montaxe vertixinosa que aplica técnicas de suspense deixando abertos moitos frontes pero dándonos unha sorpresa final ao grande que nos deixa con ganas de saber máis.

Foto: Yeshi Kangrang on Unsplash

 

 

Videoclips

 

Son pequenas películas que promocionan un tema musical do grupo cunha duración de dous a catro minutos (aínda que Queen mudou estos límites con “Bohemiam Rapshody”)

A súa base é a canción, que combina cunha historia de creación orixinal ou ben con imaxes dunha ou varias actuacións do grupo en compaña de, ás veces, coreografías que poden chegar a converterse en protagonistas como ocorreu co “Gangnam Style” ou “A Macarena”

É un tipo de montaxe moi fragmentado e con ritmo acelerado.


Foto: Markus Spiske on Unsplash

Foto: Matty Adame on Unsplash
Ir arriba