Saltar navegación

7.- Avaliación da secuencia didáctica

Nesta secuencia didáctica aprenderemos:

   O signficado da conmemoración e por que eliximos este día.

   Un percorrido histórico e contextualización.

   Como funciona a publicidade.

   As principais técnicas de venda e márketing.

   Os fundamentos do comercio electrónico.

   As características e importancia do comercio local para a vida dos barrios e localidades.

   Como defendernos ante abusos como consumidores

   Como ser consumidores responsables.

   A manexarnos con soltura nos cambios con diñeiro

En moitas actividades están sinalados os criterios de avaliación, instrumentos e incluso rúbricas creadas ah hoc.

Neste apartado algunha suxestión de como realizar unha avaliación global da secuencia:

- No caderno de traballo:

Hai dous tipos de actividades:

a) Unhas son interactivas que se poden avaliar de xeito inmediato e teñen o propósito de servir de motivación e relacionar conceptos traballados. Clicando no botón de informes do menú superior podedes ver a calificación de este grupo de actividades;

Detalle do botón de informes
Xosé Antón Vicente. Detalle do botón de informes (CC BY-NC-SA)

b) Outras son propostas de traballo colaborativo ou cooperativo e se avaliarín coa rúbrica do traballo grupal.

- Na proposta de traballo colaborativo:

A avaliación da actividade farase en base á rúbrica:

Rúbrica para avaliar o traballo cooperativo
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Rúbrica para avaliar o traballo grupal (CC BY-NC-SA)

- Para a avaliación da webquest propoñemos esta outra rúbrica:

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara das ideas que se queren comunicar.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia das dez decisión tomadas.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética da infografía creada.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

  CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información do tríptico é axeitada.

99-90% da información do tríptico é axeitada.

89-80% da información do tríptico é axeitada.

Menos do 80% da información do tríptico é axeitada.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto do tríptico.

Non hai erros gramaticais no texto do tríptico despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais no texto do tríptico aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto do tríptico aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo poden argumentar a información que contén o tríptico e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo poden argumentar a maioría da información que contén o tríptico e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo poden argumentar a información que contén o tríptico e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre a información que contén o tríptico e procesos técnicos usados no deseño do mesmo.

Deseño (Gráficos)

O deseño dos trípticos vai ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

O deseño dos trípticos vai ben co texto, pero hai elementos que se desvían do obxectivo.

O deseño vai ben co título e a temática, pero hai moi poucos e o tríptico parece ter un "texto pesado" para ler.

Os gráficos do deseño do tríptico non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orde.

Atractivo

O cartel publicitario é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, distribución e orden.

O cartel publicitario é atractivo en termos de deseño, distribución e orden.

O cartel publicitario é relativamente atractivo aínda que pode estar un pouco desordenado.

O cartel publicitario é bastante desordenado ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

- A actividade de ampliación e motivación (Creación dunha animación cunha APP mediante un traballo en grupo)

Podemos usar a rúbrica do traballo grupal sinalado anteriormente para avaliar a actividade de traballo colaborativo. O produto final é interesante pero moito máis o proceso levado a cabo para producilo e as interaccións entre os membros do grupo.