Saltar navegación

3.- "Organizamos unha campaña de márketing" (proposta de traballo colaborativo)

Facemos unha infografía

En grupos de 4 membros tedes que elaborar unha infografía on algunha das ferramentas dixitais que vos recomendamos.

Unha infografía é unha representación gráfica que admite información e permite traducila a algo que todo o mundo pode entender a simple vista. É unha ferramenta de comunicación moi útil, xa que ten un formato visual, e é procesado polo ollo humano moito máis rápido.

 Na infografía sintetizaremos as liñas xerais dunha campaña de márketing para un produto da nosa invención da que pensamos existe "nicho de mercado" e polo tanto é viable.

Captura de infografía feita con Venngage
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Infografía feita con Venngage (CC BY-NC-SA)

A infografía podedes organizala como decidades pero sería interesante que cando menos contemplase os seguints aspectos:

  • Nome do produto que queredes vender.
  • Características do mesmo. Que aporta con respecto a outros produtos similares?
  • Crear un logo para a marca do produto (podedes facelo en Supalogo).
  • Liñas xerais da campaña de márketing (como se vai a publicitar, en que medios, técnicas que márketing que usaredes...). Neste apartado é importante ver o capítulo correspondente no "Caderno de Traballo".

Ferramentas recomendadas para elaborar a infografía:

Nota para os docentes

Rúbrica para avaliar as tarefas de realización grupal:

Rúbrica para avaliar tarefas grupais
Xosé Antón Vicente Rodríguez (feito cunha plantilla de Genially). Rúbrica para avaliar o traballo grupal (CC BY-NC-SA)