Saltar navegación

2.- Glosario

GLOSARIO (ver/ocultar todas as palabras)

A - D

Arbitraxe: Procedemento polo que unha ou varias persoas elixidas pola súa independencia, deciden sobre un litixio cando os litigantes queren evitar someterse aos tribunais ordinarios.

Asociación de consumidores: É unha organización sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo a representación dos consumidores e usuarios, defender os seus dereitos, educalos e asesoralos.

Banner: Faldrón publicitario que se inclúe nunha páxina web a modo de reclamo estático (jpeg ou gif) ou dinámico (java, flash) e que busca a interacción co usuario, xa que inclúe unha ligazón para atraer tráfico á páxina do anunciante.

Big Data (macrodatos): Conxunto de datos moi grandes e complexos para a tratalos axeitadamente que precisarían de software especializado e que poden conter información sobre hábitos de consumo de poboación.

Comercio local: É aquel que está arraigado nunha localidade ou estado, é parte de ese lugar e comercializa os seus produtos na zona ou rexión.

Comercio electrónico: Conxunto de actividades financeiras e de intercambio de produtos e servizos realizados por medio dunha rede de comunicacións, xeralmente Internet.

Consumismo: Acumulación, compra ou consumo de bens e servizos considerados non esenciais.

Consumo responsábel: Elección de produtos e servizos que consumimos de acordo con criterios de calidade, prezo, impacto ambiental, impacto social e ética das empresas que os producen.

Desconto: Redución ou diminución no prezo dun obxecto ou dun servizo. De este xeito, o desconto é presentado como un beneficio para o comprador.

Devolución: Posibilidade de que algo que se compra volva ao vendedor para cambialo por outra cousa ou recuperar o seu valor.

E - H

Emprazamento de produto: Técnica publicitaria consistente en inserir un produto ou marca nun programa de televisión, película, vídeo musical, videoxogo, etc., amosándoo ou sendo nomeado polos personaxes.

Fidelización: Lealdade dun cliente cara unha marca, produto ou servizo concretos, que compra ou aos que recurre de forma contínua ou periódica.

Folla de reclamacións / Libro de reclamacións: É un documento a través do cal un consumidor pode facer constar unha queixa relativa a un ben ou servizo adquirido. De forma máis concreta, a folla de reclamacións oficial é aquela aprobada por unha Administración Pública nun formato determinado, impoñendo obrigas aos establecementos abertos ao público.

Franquía: Sistema de distribución mediante o cal unha empresa cede a outra o dereito de usar a súa marca para vender os seus produtos ou prestar os seus servizos, dentro dun territorio determinado e segundo certas condicións, a cambio dunha remuneración económica.

Garantía: Compromiso adquirido por unha casa comercial co comprador, de amañar gratuitamente ou de restituír o produto en caso de avaría, durante un determinado período de tempo.

Globalización: É un proceso económico, tecnolóxico, social e cultural a grande escala, que consiste na crecente comunicación e iterdependencia entre os diferentes países do mundo unificando os seus mercados, sociedades e culturas.

Grosista: Relativo ou pertencente ao comercio en groso.

I - L

Inventario: Operación que consiste en enumerar en detalle e con precisión os bens ou o material de que dispón algo ou alguén.

Ligazón patrocinada: Formato publicitario que se publica na páxina de resultados dun buscador cando se introducen a modo de consulta palabras clave, previamente contratadas polo anunciante para que queden asociadas á ligazón e se amosen como un resultado natural á busca. 

M - O

Mailing (Correo directo): Variedade da mercadotecnia directa que consiste en enviar información publicitaria por correo postal ou correo electrónico

Marca (comercial): Debuxo ou nome con que unha empresa comercial distingue os seus produtos.

Marca branca: Marca pertencente a unha cadea de distribución, para comercializar a prezos reducidos produtos que poden ser (ou non) de calidade máis baixa ca os das marcas recoñecidas.

Márketing: Conxunto de accións ou técnicas de estudo de mercado encamiñadas fundamentalmente a incrementar a demanda comercial

Mediación: Intervención entre dúas ou máis persoas para que algo se solucione.

Merchandising: Produto licenciado que se soe vender co respaldo dunha marca, un logo ou unha imaxe.

Neuronas espello: Son as que fan que sIntamos a necesidade de facer o que vemos aos demais, creando un fenómeno contaxioso. As modas baséanse moito neste fenómeno.

Nicho de mercado: Segmento de mercado na que os individuos posúen características e necesidades homoxéneas, e estas últimas non están de todo cubertas pola oferta actual.

Obsolescencia programada: Práctica empresarial consistente na determinación, planificación ou programación da fin da vida útil dun produto ou servizo de modo que se volva obsoleto, non funcional, inútil ou inservible tras un período de tiempo calculado de antemán.

Oferta: Prezo rebaixado dun produto que está á venda.

Outlet: Establecimiento comercial especializado na venda de produtos en inventario ou de unha tempada anterior, sendo por tanto o prezo inferior ao habitual. Nestas tendas tamén se venden produtos con pequenos defectos, a prezos moi rebaixados.

P - T

Patrocinio: Protección ou apoio prestado por unha institución, unha marca,...

Prosumidor: Acrónimo formado pola fusión das palabras produtor (tamén profesional ou proveedor, segundo o contexto) e consumidor. Trátase dun termo utilizado en ámbitos moi diferentes, desde a agricultura. á informática...

Publicidade: Arte ou acción de influír na psicoloxía da xente con fins comerciais, e actividade, medios e técnicas que se empregan con este propósito.

Publicidade contextual: Adecuación dos contidos publicitarios ao perfil do usuario ou ao contexto temático no que este navega pola Rede.

Publicidade subliminal: É aquela que ofrece ao consumidor un produto ou servizo dun xeito tan sutil, que a persoa non é consciente do que observa, o cal o conduce a utilizalo ou consumilo en descoñecemento das razóns verdadeiras.

Rebaixas: Venda de produtos a prezos reducidos durante un período de tempo nun establecemento comercial. Tamén se pode referir ao período de tempo durante o cal se realiza esta venda.

Servizo a domicilio: Servizo que prestan os vendedores levando a mercancía a casa do comprador.

Sociedade de consumo: Sociedade humana caracterizada pola adquisición e o gasto excesivo e inxustificado de bens.

Soporte técnico: Asistencia que brindan as empresas para que os seus clientes poidan facer uso dos seus produtos ou servizos. A finalidade do soporte técnico é axudar aos usuarios para que poidan resolver certos problemas.

Target audience: Público ao que vai destinado un produto.

U - Z

Vendedor a porta fría: Refírese tanto ás chamadas telefónicas que se realizan desde unha empresa a un particular para ofrecer un producto ou servizo, como para definir a actividade de aqueles comerciais que se presentan persoalmente na vivenda dos seus posibles clientes para tratar de vender no momento algún tipo de producto ou servizo.