Saltar navegación

4.- Webquest: "Na defensa do comercio local"

Banner da webquest "Na defensa do comercio local"

Webquest "Na defensa do comercio local"

Introducción


O comercio local xoga un papel moi importante nas nosas vidas. Da vida aos habitantes do barrio onde nos atopamos e diferénciase das grandes superficies principalmente polas súas materias primas, pola cercanía e por un trato máis amable e personalizado.

Os grandes problemas aos que se enfrenta son moitos, pero podemos agrupalos en dous:

1.- A proliferación de grandes superficies ou hipermercados con ofertas estrela, posibilidades de financiación, servizo de gardería...

2.- A aparición e desenvolvemento de novas tecnoloxías como a compra e venda por Internet

Debemos facer algo para defender este tipo de comercio e facerlles ver aos demáis veciños do barrio as súas virtudes e por que son tan importantes.

Tarefa


Formaremos grupos de 4 alumnos e cada un deles deseñará unha CAMPAÑA PUBLICITARIA para concienciar á poboación da importancia do comercio local para a supervivencia como barrio.

As accións previas á campaña publicitaria:
Analizar o comercio local do barrio e cantas tendas lembran de cada tipo: zapaterías, mercerías, comestibles, froiterías, panaderías... Que idades teñen os actuais dependendes ou donos?.. Coñecen algunha que pechase recentemente ou vaia a facelo en breve?... Hai algún hipermercado ou gran superficie pola zona?...

A CAMPAÑA PUBLICITARIA constará de :

- Un cartel publicitario e en formato dixital con un lema ou slogan a favor do comercio local. O cartel imprimirémolo e colocaremos algúns polo barrio. O cartel dixital o publicaremos no blog do colexio.

- Un tríptico cos motivos polos que debemos mercar no comercio local e por que é mellor que facelo nunha gran superficie ou por internet.

Proceso


Cada "equipo de traballo" estará formado por catro membros que se repartirán estos roles:

-Coordinador/a: É quen define os obxectivos do grupo e coordina a toma de decisións. Tamén chamado líder ou responsable. Transmite seguridade, confianza e cohesión ao grupo.
- Investigador/a: O estudio das fontes son a súa principal fortaleza: estudos, análises,..., etc. Parte da súa función é extraer información que aplicará ao proceso actual. Soe ser un bo comunicador e un excelente analista das situacións.
- Creativo/a: persona chea de ideas e é quen de aportar suxestións e opinións. É imaxinativo, innovador e curioso.
- Deseñador/a: é o encargado de darlle forma ao cartel publicitario e á estrutura do tríptico.

Cada un exercerá o seu rol pero todas as propostas serán debatidas internamente entre os catro membros do grupo para poder elixir o mellor cartel  tríptico con ideas de todos e todas.


Recursos

Servizos web para realizar o cartel dixital:

Avaliación

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara das ideas que se queren comunicar.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e concreción do tríptico realizado.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética do cartel publicitario.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

 

 

CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información do triptico é axeitado.

99-90% da información do triptico é axeitado.

89-80% da información do triptico é axeitado.

Menos do 80% da información do triptico é axeitado.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto do tríptico

Non hai erros gramaticais no texto do tríptico despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais no texto do tríptico aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto do tríptico aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo poden argumentar a información que contén o tríptico e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo poden argumentar a maioría da información que contén o tríptico e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo poden argumentar a información que contén o tríptico e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre a información que contén o tríptico e procesos técnicos usados no deseño do mesmo.

Deseño (gráficos)

O deseño dos trípticos vai ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

O deseño dos trípticos vai ben co texto, pero hai elementos que se desvían do obxectivo.

O deseño vai ben co título e a temática, pero hai moi poucos e o tríptico parece ter un "texto pesado" para ler.

Os gráficos do deseño do tríptico non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orde.

Atractivo

O cartel publicitario é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, distribución e orden.

O cartel publicitario é atractivo en termos de deseño, distribución e orden.

O cartel publicitario é relativamente atractivo aínda que pode estar un pouco desordenado.

O cartel publicitario é bastante desordenado ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

 

Conclusións

O comercio local é valioso porque:
  • Repercute directamente en tí (as gañancias revirten directamente no barrio).
  • Xeran emprego.
  • Dan identidade ao barrio (animan a vida cotiá, dan ambiente e personalidade ás rúas).
  • Son os teus veciños.
  • Calidade, calidez e trato.
  • Están en certa medida desfavorecidos polas Leis para competir en igualdade de condicións coas grandes superficies.
  • Sol lugares de encontro e fortalece as relacións entre veciños.
  • Supón un compromiso e aposta persoal sobre a marcha da economía e o mundo.