Os modelos do Universo
Como vimos no fragmento de Ágora, as persoas levan séculos observando o movemento dos astros no ceo, e froito de dita observación, xurdiron diferentes modelos que trataban de dar unha explicación ao comportamento dos diferentes corpos celestes
- Modelo xeocéntrico; supón que a Terra permanece fixa no centro do universo, e todos os astros xiran ao seu redor. Non era capaz de explicar o movemento dos planetas, aos que lles chamaban "errantes", aínda que o intentaron eminencias coma Aristóteles (384 a de C-322 a de C..) ou Ptolomeo (anos 85-165 da nosa era)
- Modelo heliocéntrico; exposto primeiro por NIcolás Copérnico e defendido case ata a morte por Galileo Galilei ante a Inquisición, sitúa ao Sol no centro do Universo. Ao seu redor xiran a Terra e todos os planetas en órbitas circulares. A Terra é considerada un planeta máis, e en torno a ela xira a Lúa.