Operacións con medidas no sistema sexagesimal
Para sumar dúas cantidades en forma complexa, sumamos as cantidades das unidades correspondentes.
No resultado final, as cantidades de minutos e segundos deben ser inferiores a 60
Mira o exemplo
Para restar dúas cantidades en forma complexa, réstanse as cantidades das unidades correspondentes.
Se os minutos ou segundos son inferiores ao sustraendo, engadimos 60 unidades, restando unha unidade inmediatemente superior.
Mira o exemplo
Calcula
a) 12° 15' 58" + 23° 22' 19"
b) 35° 45' + 26° 10' + 26° 15' 33"
c) 32° 5' 23" −17° 22' 33"
d) 19° 35' −11° 34"
a) 12° 15' 58" + 23° 22' 19" = 35° 37' 77" = 35° 38' 17"
b) 35° 45' + 26° 10' + 26° 15' 33" = 87° 70' 33" = 88° 10' 33"
c) 32° 5' 23" −17° 22' 33" = 14° 42' 50"
d) 19° 35' −11° 34" = 8° 34' 26"