Saltar navegación

O Universo

O Universo

A disposición dos corpos celestes no Universo é consecuencia da acción da forza gravitatoria, responsable de que os corpos caigan, pero tamén de que se manteñan no firmamento. 

Os corpos celestes que orbitan arredor do sol e... máis alá

Arredor do Sol orbitan:

  • Planetas; ademáis de orbitar arredor do Sol, para ter a consideración de planeta o cropo celeste debe cumprir dous requisitos
    Planetas do Sistema Solar . Wikipedia. (CC0)

    máis:
    • Posuír unha masa suficientemente grande para ter unha forma case esférica
    • Conseguer varrer todos os corpos menores dos arredores da súa órbita
  • Planetas ananos; coma Plutón, Ceres, Eris, Makemake e Aumea, que tendo un tamaño grande para ter forma case esférica non conseguiron varrer os redores da súa órbita
  • Satélites; relativamente pequenos como a nosa Lúa, ou tan grandes coma planetas, coma Europa ou Calisto, satéiltes de Xúpiter. Estes corpos celestes sempre xiran arredor dos planetas.
  • Corpos menores:
    • Asteroides; rochosos ou metálicos, de forma irregular
    • Cometas; formados por xeo, po e rochas orbitan máis aló de Neptuno

Explica por qué Europa, o satélite de Xúpiter, non é un planeta

O alumno debe explicar por que Europa non é considerado planeta

Máis alá do sistema solar

O noso Sol é só unha estrela entre os miles de millóns de estrelas que se agrupan formando a nosa galaxia, a Vía Láctea.

Vía Láctea. Wikipedia. (CC0)



Formada por unhas 400000 millóns de estrelas, a Vía Láctea é unha galaxia espiral barrada cunha masa dunhas 1012 masas solares e  un diámetro medio de 100000 anos luz.A nosa galaxia pertence ao chamado Grupo Local, formado por unhas 30 galaxias, que non é máis que un entre miles de millóns de grupos de galaxias no Universo.

Tipos de galaxias. Kikipedia. (CC0)



Escolla múltiple

Pregunta

O noso sistema solar atópase a 27000 anos luz do centro da Vía Láctea... que significa isto?

Respostas

Que ten o centro da galaxia a 27000 millóns de km

Que ten o centro da galaxia a unha distancia equivalente a 27000 veces a da Terra ao Sol

Que a luz do Sol tarda 27000 anos en chegar ao centro da galaxia

Retroalimentación

A que corpo celeste se refiren as seguintes frases?

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Un orbita ao redor do Sol e ten unha masa suficiente para adoptar forma esférica, pero non para varrer a súa órbita de outros corpos

Un é un corpo rochoso que orbita ao redor do

Unha unha enorme esfera de incandescentes 

Un é  un corpo menor composto por xeo, po e rochas que orbita ao redor do Sol 

Un orbita ao redor dun planeta 

Habilitar JavaScript

BY-NC-SA