Relaxación
A relaxación defínese como o momento en que remata a tensión muscular. Os seus beneficios son entre outros: a toma de conciencia do noso propio corpo, a procura do equilibrio persoal como resposta á tensión, unha maior concentración mental, unha disminución da ansiedade, a estabilidade das funcións cardíaca e respiratoria (menor tensión arterial e normalización da inspiración-expiración), e a recuperación tras os esforzos físicos realizados. E no grupo de exercicios que participan na relaxación destacan os respiratorios, e especialmente a respiración nasal que facilita unha maior filtración do aire que chega máis lonxe dentro dos pulmóns e dun xeito máis fluído. Estos exercicios respiratorios son útiles para reducir a ansiedade, a tensión muscular e a propia fatiga.
Existen tres tipo de respiración segundo empreguemos uns músculos ou outros: a respiración clavicular ou alta na que imterveñen os músculos que realizan a acción de contraer o pescozo e elevar os ombreiros, mobilizando as costelas superiores; a respiración pectoral ou torácica que é a máis frecuente, proporciona unha boa expansión pulmonar ao mobilizar a parte media dos músculos que a rodean; e a respiración abdominal ou diafragmática, na que a contracción do propio músculo que separa a cavidade torácica da abdominal faille descender ensanchando a base do tórax e os pulmóns en sentido vertical.
VEXAMOS TAMÉN UNA EXPLICACIÓN MÁIS VISUAL DOS TRES TIPOS DE RESPIRACIÓN GRAZAS Á INFOGRAFÍA EXTRAÍDA DA PÁXINA E ROSKI PARA USO EXCLUSIVAMENTE DIDÁCTICO NO CEIP RAMÓN CABANILLAS
“Infografía: Cómo respirar | CONSUMER.es EROSKI , data da consulta 28 de xaneiro de 2016, en .http://www.consumer.es/web/es/salud/prevencion/2007/03/11/160567.php
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 2.5
