os musculos
Imos ollar unha presentación para distinguir os tipos de lesións musculares e os seus graos de gravedade, pois o seu coñecemento axudarános a realizar unha actividade física máis segura ou que é o mesmo previndo as posibles lesións por mor dun mal quencemento ou estiramento. E parómonos na escordadura de nocello que é a máis común na clase de Educación Física.
Unha escordadura prodúcese ó torcer ou dobrar unha articulación cara a unha posición forzada para a que non está deseñada.O tratamento inicial das escordaduras (leves e moderadas) consiste en: repouso, evitando apoia-lo pé e no caso de apoialo empregar un bastón ou muleta.Nalgúns casos leves abondará con repouso parcial noutros seguiremos as indicacións do médico; compresión, para protexer e inmobilizar total ou parcialmente o nocello (na escordadura leve é suficiente cunha vendaxe elástica pero na escordadura moderada con frecuencia é necesaria unha férula de xeso e despois unha vendaxe elástica); a aplicación de frío co xeo por exemplo sobre o nocello lesionado (dentro dunha bolsa de plástico envolvida nun pano) durante 15 ou 20 minutos, tres veces ó día, os primeiros 2 ou 3 días(o xeo nunca se aplicará directamente sobre a pel); e a elevación durante o repouso e mentres aplique xeo eleve o nocello pousándoo nun tallo.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 2.5
