Quecemento
Definición,obxectivos,características e tipos.
Definiremos o quecemento como o conxunto de exercicios que facemos para preparar o corpo para unha actividade física que requerirá unha certa intensidade Esta preparación implica aos músculos e as articulacións.Con estos exercicos de quecemento pretendemos conseguir unha serie de efectos sobre o noso corpo : aumento da temperatura corporal, aumento da frecuencia cardiaca, aumento da frecuencia respiratoria, diminuir a posibilidade ou risco de ter unha lesión, e aumentar a atención e a percepción visual por medio de dúas fases:
1.- Fase de posta en acción dos musculos e articulacións.por medio dos exercicios que deben ir de menor a maior intensidade e tratar de movilizar a maior parte do noso corpo , tanto as extremidades superiores comos as inferiores e o propio tronco
2.- Fase de estiramentos de tódolos músculos cunha alongación dos mesmos dun xeito suave,tendo en conta a actividade principal que faremos a continuación.
Existen dúas maneiras diferentes de clasificar o quecemento.Así falamos dun tipo xeral válido para calqueira deporte ou actividade principal que realicemos despois, e doutro tipo específico con exercicios relacionados coa actividade ou deporte que practicaremos a continuación.
Tamén podémolo clasificar en activo cando somos nós os que facemos os exercicios para quentar, ou pasivo cando algo ou alguén nos axuda a quencer.
A continuación realizarás distintos tipos de actividades para identificar, diferenciar, e clasificar o quecemeto.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 2.5