UDI 9. "Dale, dale"
A canción
Aquí tes a letra (en castelán) e máis abaixo aparecen os audios para que poidas practicar: a melodía e o acompañamento, só a melodía e só o acompañamento.
Ánimo!
Melodía
1ª parte: 2ª parte:
Acompañamento
1ª parte: 2ª parte:
Melodía e acompañamento
1ª parte: 2ª parte:
Voz e acompañamento
A canción na partitura
Para que a practiques mellor, aquí tes a partitura coa letra.
A historia da canción
Esta canción fala sobre as PIÑATAS.
Unha piñata é un recipiente que se enche de lambetadas e doces que se colga dunha corda para rompela cun pau. Úsanse nas festas de aniversario. Sabedes como son, verdade?
Pero en México, estas piñatas teñen unha historia longa que imos coñecer:
Marco Polo, na súa visita a China, viu como os rapaces creaban coloridas figuras de animais (vaca, boi, búfalo) cubertas de papel, as cales colgaban con cordas, e as usaban nas celebracións de Aninovo. Marco Polo colleu a idea e levouna a Europa, primeiro a Italia e despois a España.
Aquí, como eran moi relixiosos, cambiaron a función das piñatas: o primeiro domingo da Cuaresma comezou a chamarse o "Domingo de Piñata".
O nome piñata ven do italiano "Pignatta", que significa "Ola fráxil".
Cando os españois cruzaron o océano e chegaron a América, levaron esta tradición con eles.
Ao chegar viron que os maias tiñan un xogo no que trataban de romper cos ollos vendados unha ola de barro chea de chocolate, que se balanceaba sostida por unha corda.
Aos monxes ocorréuselles que serviría como catequese dar un sentido relixioso á ola, rompéndoa no Advento, e facendo ver que era o demo, con colores e máscaras.
Pouco a pouco, adquiriu unha forma de satélite (unha esfera con 7 conos, cada un cunha bandeirola no seu extremo). Cada un deses conos representaba os 7 pecados capitais: avaricia, gula, preguiza, orgullo, envexa, cólera e luxuria. Ademais, as froitas e caramelos no seu interior eran símbolos das tentacións. Os participantes rompían a piñata para combater eses pecados. O pau simbolizaba a virtude.
Co tempo, a piñata foi perdendo a súa asociación relixiosa e na actualidade considérase un símbolo de diversión e entretemento, para as festas de Nadal ou nos aniversarios.
O contido da piñata soe ser: froitas de temporada como cacahuates, jícamas, laranxas, limas, tejocotes, canas e doces.
As formas máis clásicas teñen sido as estrelas, animais, froitas e frores, pero tamén foron representados personaxes da época, como unha sátira. Tamén foron introducidas figuras de cómic, películas ou programas de televisión.
Ademais da tradicional ola de barro, agora tamén se fan de cartón e papel.
En México existen oleiros que se dedican exclusivamente a elaborar as olas das piñatas e este oficio pasa de pais a fillos.
E a canción que estamos a aprender se interpreta durante o xogo da piñata.
Estades preparados para xogar e cantar?
Os xéneros musicais de México
Na música mexicana hai que distinguir dúas épocas, que veñen marcadas pola situación do país:
1. A época prehispánica, é decir, antes dos españois, floreceron moitas culturas como a azteca ou a maia. Esta música era pentáfona (5 sons) e existían 3 xéneros:
- Música Ritual: utilizábase en rituais como vodas, nacementos, etc.
- Música Guerrera: cantos e danzas interpretadas antes e despois das batallas.
- Música Recreativa: había bailes e cantos para divertirse nas festas.
2. Cando chegaron os españois á Mexico, xorde a música mestiza. A máis coñecida e de maior transcendencia foi a música mariachi. Nun principio, o mariachi era unha orquestra popular e indíxena, e a súa vestimenta non tiña nada que ver coa do charro (o traxe dos ricos facendados) e interpretaban “os sons de mariachi”.
Dependendo da zona do país temos diferentes xéneros:
- No norte: mesturada coa música de Texas, estado de EEUU, xorden xéneros como o tex-mex.
- Na costa leste: o son é unha música con mestura indíxena, española e africana. É un xénero en 6/8. Un conxunto de sones recibe o nome de jarabe, e existen diferentes tipos como o Mixteco, Michoacano, etc. Máis tardíos, o jarana e a trova yucateca, que se cultivan na península de Iucatán, e que recibiron influenza caribeña (especialmente do son cubano).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0