Saltar navegación

Instrumentos

Os instrumentos tradicionais

Os instrumentos tradicionais en México varían segundo o xénero que se interprete. Imos centrarnos nos máis característicos da música mariachi, a máis coñecida e de maior repercursión internacionalmente. 


Nas agrupacións de música mariachi os instrumentos son cordófonos na súa maioría e sen instrumentos de percusión:


CORDÓFONOS

Arpa: derivada da arpa clásica, este instrumento posúe unha gran caixa de resonancia sobre a cal están estiradas as cordas. 


Guitarra
: un dos instrumentos máis antigos e populares, con 6 cordas, igual á guitarra española.



Vihuela
: é unha guitarra pequena máis aguda, típica de México, con 5 cordas e que serve como acompañamento.



Guitarrón
: instrumento típico de México, que é o máis grave. Ten a forma dunha guitarra moi grande.


Violín: igual ao instrumento que xa vimos noutros países. No grupo de mariachis soe haber entre 5 e 6 violíns dependendo do número de trompetas (cada 1 trompeta, 2 ou 3 violíns).


AERÓFONO


Trompeta
: instrumento de vento que foi introducido na música de mariachi máis tarde que os demais. É o que leva a melodía. 

 


Aquí vai un exemplo dunha agrupación mariachi (Se queres saber como soa, preme no nome).


Investigando sobre a historia de México

Que instrumentos empregaban na música prehispánica os aztecas, maias e as outras civilizacións de México?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0