Saltar navegación

Actividades ampliación

Facemos a nosa piñata

Imos preparar a nosa propia piñata para poder empregala no concerto final como parte da nosa interpretación.

Para facela necesitaremos o seguinte material:

  • Globo
  • Cartolina
  • Celo
  • Papel hixiénico
  • Cola Branca
  • Auga
  • Pinturas de auga de cores
  • Pincel



Os pasos a seguir son:



                1. Enchemos de aire o globo



   2. Cortamos un rectángulo coa cartolina e a dobramos.         



           3. Colocamos celo para facer a forma do cono.



4. Pegamos o cono ao globo cun pouco de celo.        



      5. Mesturamos cola branca con auga, axudándonos dun pincel.



6. Imos colocando papel hixiénico coa cola e iso endurecerase ao pasar o tempo.



            7. Repetimos o proceso con outos conos, cantos queiramos.



8. Deixámolo secar 1 día e cando estea listo, 
pinchamos o globo.       






  9. Pintamos coas cores que queiramos e engadímolles papeles de cores nas puntas dos conos.




O resultado final sería así:


Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0