Danza
Danzas Tradicionais de México
Unidas aos cantos, sempre ían as danzas que sobreviven na actualidade, aínda que moitas se perderon polo camiño.
Algunhas das danzas máis reperesentativas da música tradicional de México son (Preme no nome para ver exemplos):
Jarabe Tapatío: é considerado o baile nacional de México. Naceu no estado de Jalisco é usa o paso chamado "zapateado". Acompáñase con música de mariachi e os bailaríns levan o traxe típico nacional, o traxe de charro para o home, e o vestido de china poblana para a muller.
Huapango: é típico dos estados de Veracruz, Puebla, San Luis Potosí e Hidalgo, e hai unha variedade diferente para cada un deles. O máis coñecido é o de Veracruz, que se baila sobre unha tarima de madeira, e os bailaríns visten con sombrero gauyabera e pantalón branco, mentres que as mulleres usan blusa e falda branca moi ancha. A música é interpretada polo violín, e dous tipos de guitarra: a jarana e a huapanguera.
Polka Norteña: este baile é representativo de estados do norte como Tamaulipas, Chihuahua e Nuevo León. Trátase dunha copia do baile polaco que xa vimos. O instrumento máis importante para este música é o acordeón. Os bailaríns levan pantalóns vaqueiros e cazadoras de coiro.
Danza dos Parachicos: trátase dunha danza multitudinaria na que participa gran parte da población de Chiapa de Corzo, no estado de Chiapas. Os danzantes visten prendas coloridas, así como máscaras de madeira e sombreiros; percorren as rúas da cidade ao ritmo da música dos tamborileiros. Está declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco.
Danza de los Viejitos: é unha das danzas folclóricas máis divertidas de México. Ten a súa orixe no estado de Michoacán. Para levala a cabo os bailaríns disfrázanse con máscaras de madeira, que asemellan ao rostro dun vello, e levan o seu bastón e a vestimenta típica purépecha: pantalóns e camisa de manta branca cuberta cun sarape ou jorongo. No baile inclúen movementos típicos dun vello, como caídas, xestos de dor, etc.
Danza do Venado: a orixe da Danza do Venado é prehispánico. Pertence á cultura dos indíxenas do estado de Sonora. Fai referencia á caza do venado, un animal venerado polos indíxenas. Na danza participan 3 personaxes: o venado, o pascola e o coxote. Cada un deles viste representando ao seu personaxe, como por exemplo,o venado, leva unha cabeza disecada do animal sobre a súa propia. Os movementos imitan os saltos dos animais.
Danza dos Chinelos: xorde pola enemistade entre os indíxenas e os españois, pola exclusión dos primeiros das festas do Entroido. Para bailar, póñense máscaras de madeira imitando os rostros dos colonizadores a modo de burla. Os movementos son saltos coas mans postas no peito, percorrendo as rúas. É típica da Cidade de México.
Jarana Yucateca: é o baile rexional da Península do Iucatán. O aspecto máis importante deste baile é a destreza dos danzantes para soster obxectos enriba da cabeza mentres bailan. As mulleres levan un vestido con bordados de frores e os homes empregan a tradicional guayabera e o pantalón branco. Están acompañados por unha banda de música que se chama “Charanga”.
Danza da Pluma: é a danza máis importante de Oaxaca. A execución é unha lembranza da Conquista española, introducindo diferentes momentos históricos que marcaron o encontro entre aztecas e españois. A súa vestimenta é moi importante, con moita ornamentación, grandes penachos e accesorios de plumas e outros materiais que simbolizan a evanxelización dos indíxenas.
As danzas e instrumentos mexicanos
Le e completa:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0