UDI 7. "Samba Lelê"
A canción
Aquí tes a letra (en portugués e en galego) e máis abaixo aparecen os audios para que poidas practicar: a voz e o acompañamento, só a voz e só o acompañamento.
Ánimo!
Melodía
Voz e acompañamento
Acompañamento
A música de Brasil
A música en Brasil fórmase a través da diversidade cultural deste país.
Está formada por dúas correntes: unha tradición escrita e culta, de raíz europea, e outra non escrita e popular, produto da mestura das músicas europeas, africanas e indíxenas.
Hai ritmos característicos brasileiros, como a samba ou a bossa nova, que son considerados símbolos nacionais.
A música dos nativos (aborixe) era moi sinxela e elemental, e non aportou moito á música brasileira.
Os procedentes de África posuían un nivel cultural superior. A innata musicalidade dos africanos e o seu extraordinario sentido do ritmo e da improvisación, danlle á música ese son tan característico.
Da música europea, o principal aporte ven de Portugal.
Os xéneros destacados da música brasileira son:
- Samba: xénero principal da música do Brasil. Hai dous tipos: rural e urbana. Foi pasando por distintas fases ata chegar á de Río de Xaneiro, que é a máis importante.
- Bossa nova: deriva da samba con influencia do jazz. Un exemplo moi coñecido: "Garota de Ipanema"
- Forró: ten a súa orixe no interior do país; é unha mestura de diferentes ritmos e é típico da Festa de San Xoán.
- Choro: tamén chamado "chorinho"; principalmente instrumental (frauta ou mandolina, cavaquinho e guitarras) e de maior dificultade que os demais xéneros.
- Modinha: canción urbana de temática amorosa.
- De orixe portugués: Coco, Cantigas, Embolada (solista e coro) e Desafío (confrontación entre dous cantantes improvisando).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0