Linguaxe Musical
A partitura
Unha vez que xa a sabemos, imos traballar un pouco coa partitura.
A partitura con indicacións
Aquí vai a partitura con diferentes indicacións sobre a articulación, dinámicas, tempo, etc.
Fíxate ben para poder cantala correctamente!
O síncope
Se te fixas na partitura, verás que se repite varias veces esta fórmula rítmica:
Estamos facendo síncopes. Lembras o que é un síncope?
Esta ten lugar cando un son que se atopa na parte débil se alonga ata a parte forte.
A que estamos traballando nesta canción, para practicala mellor podemos facer este exercicio (axúdate co audio):
O ritmo de maracatú.
A canción está nun compás de 2/4, é dicir, que en cada compás van dúas negras. (Se tes dúbidas repasa a UDI 1 e a UDI 2, no apartado de Linguaxe Musical).
A extraordinaria riqueza da música do Brasil, está especialmente presente nos ritmos que se usan.
Con esta canción, estamos a aprender o ritmo de Maracatú. Este rimo baséase no síncope que estivestes a practicar antes.
A forma musical
A forma desta canción é a máis común: consta de estrofa (que varía de letra pero non de música) e estribillo (que é o mesmo, tanto en música como en letra).
A súa estrutura con letras, como vimos facendo en todas as anteriores, sería: A B A´ B ....
Aquí vai a partitura para que o poidas comprobar:
Que aprendemos?
O ditado
Imos traballar un pouco a nivel auditivo. Para elo, faremos uns ditados: só rítmico, só melódico e melódico-rítmico.
Empregaremos os elementos rítmicos e melódicos que estivemos traballando e que aparecen na canción "Samba lelê". Os instrumentos son todos instrumentos Orff.
Precisaredes unha folla pautada e un lapis.
Limpade ben os oídos e podedes repetir o audio cantas veces necesitedes!
Ditado rítmico 1 (claves)
Ditado rítmico 2 (güiro)
Ditado melódico (xilófono)
Ditado melódico-rítmico (xilófono)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0