Actividades ampliación

Creando un instrumento

Ocultar

Que vos parecería crear vós un instrumento típico do Brasil?


Imos realizar o Ganzá, que precisamos para o arranxo de instrumentos Orff.


Necesitaredes algún material:     

  • Un tubo do papel de cociña ou dous de papel hixiénico (con estes o instrumento serían dous axóuxeres). 
  • Papel de aluminio    
  • Lentellas ou arroz
  • Unhas tesoiras e celo
  • Cartolina ou cartón reciclado   


Estades listos?

1º paso: colle o tubo e colócao sobre o cartón, e debuxa o círculo. 

2º paso: debuxa un círculo maior co mesmo centro que o anterior.  





    3º paso: colle as tesoiras e recorta pola circunferencia maior.

 



4º paso: fai uns cortes coas tesoiras nos círculos para poder dobralo.



5º paso: colle un dos círculos que acabas de facer e colócao no tubo, metendo o borde que lle sobra dentro. 

 



      6º paso: para asegurar o cartón coloca o celo.

 



7º paso: introduce as lentellas ou o arroz dentro do tubo. Lembra que dependendo do material que metas no tubo o son será máis grave (material groso) ou máis agudo (material fino).



8º pasorepite os pasos 5 e 6 co outro círculo.



9º paso: envolve o tubo co papel de aluminio para que se asemelle ao instrumental orixinal (metal).



10º paso: pecha as esquinas e se queres podes decoralo con algunha goma ou pegándolle adornos feitos con cartolinas ou outro material do que dispoñas.  



XA TEMOS O NOSO GANZÁ!!!



Mira como se tocan e como é o seu son nos vídeos que seguen.

Comprobamos o que sabemos

Ocultar

Pregunta

1. Como se chama este instrumento africano?   

Respostas

Balafón

Xilófono

Kora

Pregunta

2. En que compás entran estas figuras? 

Pregunta

3. A que familia pertence este instrumento árabe?   

Respostas

Idiófono

Aerófono

Membranófono

Pregunta

4. Que é un canon?

Respostas

Unha forma musical

Un matiz

Un instrumento arxelino

Pregunta

5. Que nome recibe esta figura?   

Respostas

Nota a contratempo

Nota con puntiño

Síncope

Pregunta

6. Cal é o instrumento que está soando?    

Pregunta

7. Que está a soar?    

Respostas

Un arpexio

Unha escala

Un acorde

Pregunta

8. Como se chama a danza brasileira que ten o mesmo nome cun tambor? 

Respostas

Capoeira

Carimbó

Macumba

Pregunta

9. Que nome recibe o instrumento alxerino similar ao pandeiro galego?

Respostas

Ghaita

Oud

Bendir

Pregunta

10. Como se chama este instrumento que está a soar?  

Respostas

Birimbao

Violín

Rabab

Pregunta

11. Como se chama a danza alxerina feita únicamente por mulleres e que pasa de nais a fillas? 

Respostas

Touarag

Ouled Nail

Aalaoui

Pregunta

12. Que nome recibe este instrumento?  

Respostas

Ghaita

Qanum

Kora

Pregunta

13. Con que instrumento acompáñase o baile da capoeira?

Respostas

Gongue

Birimbao

Agogó

Pregunta

14. Como se chama a danza máis coñecida do Congo?

Respostas

Soukous

Aalaoui

Touarag

Pregunta

15. A que familia pertence este instrumento brasileiro?  

Respostas

Metalófono

Idiófono

Aerófono

Pregunta

16. Que xénero é a canción que estás a escoitar?   

Respostas

Samba

Canto de berce

Rai

Pregunta

17. Como se chama a danza brasileira semellante ao tango arxentino?

Respostas

Maxixe

Congadas

Batuque

Pregunta

18. A que compás pertencen estas figuras?  

Pregunta

19. Como se chama a agrupación formada por instrumentos de vento, corda e percusión?

Respostas

Orquestra de cámara

Orquestra sinfónica

Banda

Pregunta

20. Como se chama a persoa que dirixe as agrupacións?

Respostas

Tenor

Intérprete

Director

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0