Saltar navegación

Instrumentos

Os instrumentos tradicionais do Brasil

Os instrumentos tradicionais en Brasil varían segundo o tipo de música.


Moitos deles seguro que xa os coñecedes como: a
s maracas, o djembê, as claves, a rabeca entre outros moitos.



O birimbao    O
 reco-reco (güiro)   O agogó 




A canción que estamos traballando, como xa dixemos, ten un ritmo de maracatú. Para esta música os instrumentos máis empregados son maiormente de percusión:

 

Alfaias: é un membranófono tamén chamado bombo. É un tambor grave e ás veces hai varios tamaños. Son os que levan o ritmo sincopado que estivemos traballando.




Gongué
: idiófono formado por unha campá de ferro e un cabo que lle serve de apoio. O seu ritmo é con moitos contratempos e con improvisacións.



Caixa de guerra
: é un membranófono, tambor agudo que sempre da moitas notas. Xunto co tarol, son os encargados de darlle a entrada aos outros instrumentos.


Tarol
: membranófono máis agudo que as caixas de guerra. 




Ganzá
: idiófono con forma cilíndrica de metal, é o responsable dos sons máis agudos da agrupación.




Atabaque
: membranófono similar ao djembê. Pode poñerse nun soporte ou atarse cunha cinta ao corpo. Tócase coas mans. 



Agbé
: idiófono formado por unha cabaza rodeada dunha cinta con contas que se baten entre si ao axitarse. Ten unha función similar ao ganzá.

Comproba o que sabes

Le e completa sobre os instrumentos tradicionais do Brasil:

Os instrumentos tradicionais do dependen do tipo de música.

A canción "Samba lelê" ten un ritmo de . En este ritmo os instrumentos máis empregados son a caixa de , as alfaias, o ganzá, o agbè ou atabaque.

O ganzá é un de metal que ten os sons máis da agrupación. O ten a mesma función que el.

A caixa de guerra e o son os encargados de darlle a aos outros instrumentos. Estes dous instrumentos son .

As hainas de diferentes tamaños e son os tambores máis .

Outros instrumentos brasileiros que non se usan nesta canción son as , o pandeiro ou as .

Todos eles permiten que a música do maracatú teña unha cor diferente.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0