Danzas

Danzas Tradicionais do Brasil

Ocultar

A danza é unha parte imprescindible dentro da música do Brasil.

Imos aprender un pouquiño sobre algunhas das máis coñecidas para achegarnos á cultura deste rico país.

 

Entre as máis importantes están:

  • Samba: ademais dun xénero musical, esta danza é un símbolo nacional, relacionado coa maior festividade do país, O Carnaval. Existen escolas de Samba por todo o país que se reúnen cada ano no "Sambódromo" de Río de Xaneiro. Neste baile o home ten que xogar coa muller e o movemento principal é o que se fai coa pelve. Na seguinte actividade podedes practicar esta danza, atrevédesvos?

  • Lambada: é un ritmo creado no Brasil; ten influencias da cumbia e o merengue. O termo deriva do portugués e significa "movemento dun látego". Este movemento ondulatorio e solto é o que fan os bailaríns.

  • Capoeira: é coñecida como a danza dos escravos, danza da liberación ou dos delincuentes; é unha danza ritual, unha loita e un xogo, que se realiza con dous bailaríns (ou contrincantes) que atacan e se defenden con pasos coordinados. A palabra provén do portugués e significa "galo de pelexa". Acompáñase habitualmente co birimbao.

  • Carimbó: danza de orixe indíxena, que recibe o seu nome dun gran tambor. Dánzase en parellas de homes e mulleres, comezando cunhas palmas que invitan ao cortexo.

  • De raíz africana son o Batuque, Conga, a Maxixe, que se asemella ao Tango.

  • Os rituais afro-brasileiros: a Macumba e as Congadas. 

Aprendendo a bailar samba

Ocultar

Como xa vimos, a samba é a danza máis importante do país, habendo escolas onde os nenos e nenas poden aprendela, para despois participar no Carnaval de Río de Xaneiro. Aquí vai un enlace para que poidades ver o Sambódromo desta cidade.


Así que imos aprender, ou polo menos intentar, bailar samba. 

 

Estades listos para mover o esqueleto?


Paso a paso:

  • 1º paso: comezamos colocando os pés paralelos cos xeonllos frouxos.

  • 2º paso: levamos o pé dereito para atrás e o pé esquerdo para diante. Cambiamos os pés e facemos varias repeticións, primeiro lento e pouco a pouco aumentamos a velocidade.

  • 3º paso: facer un pequeno rebote de dous tempos cos xeonllos. O repetimos varias veces á mesma velocidade.

  • 4º paso: levantamos os dous talóns e facemos o paso só coas puntas.

  • 5º paso: os brazos móvense facendo un oito, sinalando de cada vez o pé que está adiante.

  • 6º paso: agora xuntamos os brazos e os pés a un ritmo áxil.



E agora xa podemos sambar!



Aquí vai un vídeo explicativo co paso máis sinxelo da samba.


Adiviña de que danza se trata xogando ao aforcado. 


Boa sorte!

Danza e deporte nacional

Ocultar

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0