UDI 3. "Sakura"

A canción

Ocultar

Aquí tes a letra (en xaponés e en galego) e máis abaixo aparece o audio da melodía para que poidas practicala.

Ánimo! 

       



Melodía:         

A música do Xapón

Ocultar

"Sakura" é unha canción popular xaponesa, que como podedes ver na tradución, fala sobre a primavera, momento no que a flor da cerdeira aparece. Empregouse para que os nenos e nenas aprenderan a tocar un instrumento típico do Xapón, o koto, do que falaremos no apartado de "Instrumentos tradicionais".



Imos coñecer un pouquiño da historia da música tradicional xaponesa:


A música tradicional xaponesa comeza da man dos monxes budistas (se queres saber algo máis do budismo, investiga na rede; preme en budistas).

Os Samurais, durante os seus entrenos, empregaban a música para unha maior concentración. 

A música foi levada á corte imperial e recibiu o nome de Gagaku.


Onde a música está mellor representada, xunto coa danza, é no teatro musical, chamado Noh. Tamén fixéronse moi populares os teatros de marionetas: Bunraku.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0