Linguaxe Musical

A partitura

Ocultar

Unha vez que xa a sabemos, imos traballar un pouco coa partitura.

O acento

Ocultar

O acento é o que nos permite distinguir un compás doutro, aínda que teñan as mesmas figuras.

Por exemplo, o 3/4 e o 6/8 teñen 6 corcheas cada un, pero o acento varía:



Como podes ver, hai dous tipos de acento: forte e débil. O acento máis forte é o primeiro de todos. Os demais considéranse semifortes.


Este concepto é moi importante para entender moitos elementos da música. Lémbrao moi ben!

O compás. As figuras.

Ocultar

Na unidade anterior estivemos traballando o compás. Nesta canción o compás que imos empregar é o 4/4, é dicir, que entran 4 negras en cada compás.


Para poder ler a partitura tes que saber que o 4/4 márcase así:


 



As figuras que aparecen, como podes ver, son as brancas, as negras e as corcheas. 


Agora xa podes facer unha lectura da partitura.


Inténtao e axúdate co video!


 

A escala pentatónica

Ocultar

A escala pentatónica é un tipo de escala con 5 sons (penta= cinco+tono= son).


Esta escala empregábase habitualmente na música asiática (sobre todo a china e a xaponesa), aínda que hoxe en día son moitas as músicas que empregan estas escalas, como o jazz, a música disco, entre outras.


   


Nesta canción aparece unha escala pentatónica con estes 5 sons:


    

Notas a contratempo

Ocultar

Para  poder traballar co instrumental Orff, precisamos coñecer un novo elemento da Linguaxe Musical: as notas a contratempo.


Estas son notas colocadas na parte débil do compás precedidas de silencio, como indica o exemplo:



A forma musical

Ocultar

Traballaremos agora coa forma da partitura. Lembra que a forma musical é a estrutura da canción. 


Neste caso, atopámonos cunha forma ternaria: ABA´


Comprobádeo na partitura axudándovos co audio.


O ditado musical

Ocultar

Imos traballar un pouco a nivel auditivo. Para iso imos facer uns ditados: só rítmico e só melódico.


Aparecen os elementos rítmicos e melódicos traballados na canción de "Sakura". 


Precisaredes de folla pautada e lapis.


Podedes repetir o audio as veces que necesitedes!


Ditado rítmico (claves)               


Ditado melódico (metalófono)    

Creando novas letras

Ocultar

Imos crear unha nova letra para esta música xaponesa. 


Podedes facer referencia o que di o texto real (a flor da cerdeira, a primavera, etc) ou a outro tema que vós queirades.


Tendes que fixarvos ben no número de notas que hai en cada frase para que vos coincida o texto que inventedes.


Deixade voar a vosa imaxinación!


(Se queres ver un exemplo, preme na retroalimentación)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0