Unha pequena viaxe pola música do mundo
Actividades ampliación
Creando un abanico xaponés
Imos crear un dos elementos imprescindibles da cultura xaponesa: o abanico.
Imos facelo e necesitaremos o seguinte material:
- 1 cartolina.
- 5 paus de madeira (dos que usa o médico para vernos a gorxa)
- Pegamento (cola branca)
- Papel de cores
- Tesoiras
Os pasos para facelo son os seguintes:
1º paso: debuxa na cartolina unha forma de arco da vella.
2º paso: recorta a cartolina.
3º paso: pega os paus de madeira á cartolina.
4º paso: agora pega os paus entre si.
5º paso: recorta e pega as formas ou debuxos que queiras, para adornar o abanico, no papel de cores.
7º paso: mistura un pouco de cola branca con auga e cun pincel "verniza" todo o abanico; a cola cando seca queda transparente.
Xa temos o noso abanico xaponés!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0