Unha pequena viaxe pola música do mundo
Instrumentos
As familias instrumentais
Os instrumentos poden clasificarse de varios maneiras. Hoxe imos ordenalos segundo o seu principio sonoro (é dicir, como é producido o son de cada un deles):
- Cordófonos: o son é producido ao vibrar unha corda; esta pode ser fretada, percutida ou pinzada. Dentro desta familia atopamos o violín, violoncello, piano, guitarra, clave, laúde, koto, guitarrón, birimbao, zanfona, banjo, entre outros.
- Aerófonos: o son é producido pola acción do aire sobre un elemento que vibra. Aquí atopamos o acordeón, clarinete, frauta, shakuhachi, gaita de fol, trompeta, harmónica, tuba, entre outros.
- Idiófonos: o son é producido pola propia
vibración do instrumento. Como por exemplo, o reco-reco, claves, axoúxeres, ganzá, binzasara, castañolas, etc.
- Membranófonos: o son é producido pola vibración dunha membrana ao ser percutida, como a pandeireta, o tamboril, taiko, atabaque, timbal, bombo, etc.
- Electrófonos: son os que precisan a electricidade para a produción do son, como os sintetizadores ou computadores.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0