Unha pequena viaxe pola música do mundo
Instrumentos tradicionais do Xapón
Os instrumentos tradicionais xaponeses
Os instrumentos tradicionais en Xapón son moitos e variados. Imos coñecer os máis importantes e se queredes saber como soan, premede no nome (aparecen algúns exemplos):
Koto: cordófono de orixe china. Conta con 13 cordas, pero hainos con 17, 23, 30 e ata 80 cordas. Para que as cordas soen úsanse unhas pezas de bambú ou marfil que se colocan nos dedos polgar, índice e medio da man dereita. Coa man esquerda púlsanse as cordas para modificar a afinación.
Binzasara é un idiófono usado nas cancións populares e no teatro musical. Son pezas de madeira entrelazadas cun cordón de algodón. Agárranse polos extremos e móvense como unha onda, chocando as placas entre si.
Sho: é un aerófono feito con talos ocos de bambú e procede de China. Consta de 17 tubos de bambú que teñen unha lingüeta metálica, agás dous, que son silenciosos. Dise que imita a chamada do fénix; os dous tubos silenciosos asemellan as dúas ás da ave.
Dadaiko: é un membranófono, formado por dous grandes tambores. O da esquerda ten o corpo vermello e a imaxe dun dragón a cada lado e o da dereita ten o corpo verde e a imaxe dun fénix de cada lado.
Shakuhachi: é un aerófono. Trátase dunha frauta, que pode facerse de diferentes tamaños. Canto máis grande sexa, máis grave será o son.
Taiko: é un membranófono. É un gran tambor tocado con palillos de madeira chamados bachi. Emprégase nas festas tradicionais. A causa do seu gran peso (300kg) soe deixarse fixo nun lugar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0