Saltar navegación

UDI 2. "Lyakelle"

A canción

Aquí tes a letra (en yiddish e en galego) e máis abaixo aparecen os audios para que poidas practicar: a voz e o acompañamento, só a voz e só o acompañamento.

Ánimo! 




Melodía:                                                                 


Acompañamento:                    


Melodía e acompañamento:   
     

A música de Polonia: o klezmer

Esta é unha canción de berce: emprégase para durmir os bebés, con sons doces e tranquilos. A música intenta imitar o movemento do berce cando se arrola.



En Polonia coexisten diferentes xéneros musicais ao longo da súa historia:

  • Música tradicional polaca: neste grupo atopamos música principalmente para danza, como as polonesas, mazurcas, etc (das que falamos no apartado "DANZA") e que foron empregadas polos compositores clásicos como Chopin.


Busca información sobre este gran pianista e compositor polaco e escoita algunha das súas obras: Chopin.

 

  • O klezmer: é un xénero musical asociado os xudeus asquenazis. Nun principio foi música instrumental, é dicir que non había voces, e empregábase en todo tipo de celebracións xudías, como as vodas. Pouco a pouco foise popularizando e poñendo letra ás cancións que xa interpretaban. Estas letras, como xa dixemos, utilizan o yiddish. Este idioma xorde cando os xudeus chegan a Europa e se mesturan o idioma xermano co hebreo que eles falaban. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0