Saltar navegación

Instrumentos

A voz

Para producir sons, os seres humanos contamos coa voz.


Este é o resultado do noso aparato fonador, no que participan o aparato respiratorio, as cordas vogais e os resoadores (boca e nariz).

O funcionamento: o aire que recollemos co noso aparato respiratorio fai vibrar ás cordas vogais. Estas producen o son que se amplifica nos resoadores.




As voces se clasifican segundo a altura que abarcan:

  • Voces femininas: poden ser sopranos (as máis agudas) e contraltos (as máis graves).

  • Voces masculinas: poden ser tenores (as máis agudas) e baixos (as máis graves).

  • Voces brancas: son as voces dos nenos e nenas, é dicir, as vosas.


As voces agrúpanse nunha formación que recibe o nome de coro. Pode haber de moitos tipos: mixtos, só de homes, só de mulleres, voces brancas, etc.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0