Instrumentos tradicionais de Polonia
Os instrumentos tradicionais no Klezmer
Os instrumentos tradicionais na música klezmer son:
O violín: é un instrumento de corda que soa cando estas son fretadas cun arco. É o máis agudo da familia das cordas. Está presente en moitas músicas tradicionais do mundo, e tamén na música clásica, así que o seguiremos atopando durante a nosa viaxe.
O acordeón: é un instrumento de vento que soa cando o aire producido por un fol pasa a través dunhas lingüetas metálicas. É moi usado nas músicas tradicionais de todo o mundo. A diferenza doutros instrumentos, como o violín ou o clarinete, a súa función soe ser a de acompañar as melodías que fan estes.
O clarinete: é un instrumento de vento que soa cando o aire soprado move unha lingüeta de madeira. Existen varios tipos de clarinete segundo a súa tesitura: clarinete baixo, contrabaixo, requinto, etc.
O cimbalón: é un instrumento de corda no que o son se produce cando se percuten as cordas cuns pequenos martelos. É un instrumento moi estendido por Europa do Este. (Preme no nome para saber como soa).
Na partitura que estamos traballando, ao tratarse dunha nana, non se empregan todos estes instrumentos. Soen ser cantadas "a capella", é dicir, sen instrumentos.
Aquí che deixamos algúns grupos e intérpretes da música klezmer para que poidas escoitala:
- Kroke.
- David Krakauer.
Os instrumentos da música Klezmer
Emparella o instrumento coa súa familia:
Ben feito!
Inténtao de novo!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0