Técnicas de progresión
ASEGURAR A ESCALADA NUNHA VÍA
Cando progresamos pola montaña con dificultade (glaciares, altas crestas expostas ...) ou por vías de escalada, facémolo encordados a outro, pola nosa propia seguridade e do compañeiro ou compañeira que nos acompaña. Falamos pois dunha cordada que normalmente é de dous ( aínda que poden unirse máis a ela) , e do primeiro e segundo da cordada. No caso dunha vía de escalda, en todo momento debemos asegurar (ao que inicia ou remata a vía) ou estar asegurados cando a iniciamos ou a rematamos.
Cómo o facemos?:
Dende o chan, dende unha reunión (punto de anclaxe onde xuntámonos os dous), ao primeiro da cordada e ao segundo (con aparellos específicos ou nós na corda simple ou en dobre). Vexamos pois no caso da escalada o principio básico de calquera sistema ou método de aseguramiento que é o de producir rozamiento oa corda para axudarnos a parar a caída do noso compañeiro ou compañeira de escalada, que doutra maneira (aguantando a corda só coas nosas mans) seria practicamente imposible.
"Cómo hacer un nudo de 8 y encordarse correctamente al arnés" "Cçomo encordarse correctamente"
Cápsula Formativa EEAM baixo Licencia Atribución de Creative Commons (reutilización permitida) Cápsula Formativa EEAM baixo Licencia Atribución de Creative Commons (reutilización permitida
ENCORDAMENTO PARA PROGRESAR EN TERREO GLACIAR
Nun glaciar nunca iremos sós ou desencordados, porque existe a posibilidade de caer dentro dunha greta oculta. O que faremos será ir en grupos (como mínimo de dous membros) encordados a unha distancia suficiente como para que se un compañeiro cae a unha greta, o resto teña tempo suficiente para reaccionar e deter a caída. Para isto necesitamos, ademáis do material propio de cada un (guantes,crampóns, piolet, casco, arnés, piolet..), unha corda de escalada simple, varios mosquetóns de seguridade, tornillos de xeo, cordinos e se é posible poleas.
Teremos que encordarnos deixando corda suficiente como para poder realizar as manobras necesarias para axudar ao noso compañeiro, é dicir, a corda sobrante ten que ser maior que a corda entre os montañeiros. Para iso buscaremos a metade da corda, e desde a mesma, cada membro da cordada conta 6 ou 7 m cara aos respectivos cabos. Tras contar estes 6 ou 7 metros, facemos un nó de oito dobre por seo, e enganchámosnolos/enganchámonolos ao anel ventral do arnés mediante un mosquetón de seguro. O resto de corda cara aos extremos será a corda sobrante que levará cada membro da cordada en bandoleira.
Vídeos realizados FEDME y Antropovisión (www.antropovision.com).
PROGRESIÓN CRISTAS
As cristas son as liñas máis directas que nos levan á cima.Por terreos moi fáciles podémolas facer sen corda (aínda que non está de máis levar unha se somos neófitos);ipolos terreos misturados (sinxelos con pasos máis complicados) podemos ir encordados, pero escalando os dous á vez (chámase ir en ensamble), e nos difíciles sempe asegurándonos. Pola contra nos terreos moi difíciles requirirá a mesma técnica que para a escalada en parede,
" Alpinismo - Técnica de Progresión por Cresta" de Italian TREK Alpinismo consultado o 13 de febreiro de 2017 en https://youtu.be/HOVaebYZD6M?list=PLpzkN0XMuQTw8BaFb7up_Qb3Ktm0reLyt&t=63
AUTODETENCIÓN
Esta técnica radica nunha manobra executada polo escalador co piolet para tentar deterse cando cae ou escorrega por unha pendente de neve ou xeo.Debemos practica con seguidade para o cal atoparemos unha pendente curta que sexa suave e onde o corpo se precipite pola neve, e que poida detese ao final no caso de fracadar na nosa maniobra.
Vídeo realizado pola FEDME e Antropovisión (www.antropovision.com).
PROGRESIÓN VÍA FERRADA
RAQUETAS DE NEVE
A súa función é a de distribuír o peso do corpo sobre unha superficie maior evitando que o pé se afunda na neve. Son sinxelas de poñer e avanzar con elas, e tan só temos que ter coidado en manter a distancia axeitadas cos que nos preceden e cando xiramos para cambiar de sentido; pero aínda que nun principio nos pode parecer un xeito de desprazamento pola neve sinxelo e seguro, trátanse de percorridos pola montaña invernal, espazo sempre compemetido en canto a seguridade, polo que debemos coñecer e prácticar a súa técnica.
PROGRESAR ESQUIANDO
"Esqui alpino" Infografía Eroski consultado o 13 de febreiro de 2017 en http://revista.consumer.es/web/es/20080101/salud/72249.php
"Tecnica de Esqui con el Mejor Tutorial Video 3 HD" de Robert Puente, consultado o 13 de febreiro de 2017 en https://www.youtube.com/watch?v=fYFarl0vv9A