Historia
Precoñecementos
Sabemos ben que desde a antigüidade os pobos migraron dun lugar a outro ,e inevitablemente deberon pasar os obstáculos que atopaban entre os que destacaban os escarpados picos dos macizos montañosos. A solución pasaba por atopar un paso factible para progresar atravesando a montaña. Ben o coñecemos dende a época romana en que Aníbal atravesou os Pireneos e os Alpes cos seus elefantes para chegar ás portas de Roma, ou durante o chamado século de ouro español cando no ano 1520 baixo o mando de Hernán Cortés sóbese ao volcán mexicano Popocatépelt de 5.452 na procura de xofre e de minerais para fabricar munición para o exército español en México. E case un século despois da conquista das Canarias por parte da coroa de Castela ,sóbese no ano 1582 por primeira vez ao Teide (3717 m), pico que lle dá nome a propia illa de Tenerife no idioma guanche " Tener-ifi" significa "montaña nevada".
Sexa por pura obrigación vital ou militar (entre a que se atopaba a propia definición fronteiriza das nacións nos mapas), a ascensión das montañas respondía sempre a unha necesidade e non a unha actividade científica ou lúdica, ata que o século XVII os homes de ciencia dan a coñecer ao gran público as propiedades de curación das augas termais (algo que fose esquecido desde a caída do Imperio romano). Precisamente foi a atracción aos balnearios da aristocracia europea a que esperta o interese científico e tras ela a pura afección da ascensión por si mesma dunha montaña, por parte de botánicos, físicos, xeólogos, e de escritores fundamentalmente que durante o romantecismo deixaránse guiar polo pastores e paisanos locais descubríndo novos vales, macizos e cumes. Nace o montañismo propiamente dito e con él aparecerán as demáis disciplinas que o conforman e definen hoxe en día. |
AS ORIXES
Na península ibérica o pireneismo chega ao seu cume cando no ano 1785, empézase a trazar o mapa franco-español dos Pireneos para fixar os límite reais das dúas nacións.Traballo dirixido por dous e enxeñeiros militares:o capitán Vicente de Heredía, por parte española, e o oficial Reinhard Junker pola francesa.
A partir de 1900, é cando se pode dicir que comeza realmente o montañismo en España,pois inicianse as ascensións aos cumes máis importantes incorporando as técnicas que viñan dos países alpinos. Así no 1903 realízase a primeira ascensión invernal ao pico Almanzor, na Serra de Gredos, e no 1904, acontece en España un feito que se adianta ao seu tempo, e que marca o inicio da escalada de dificultade no noso país. Referímonos á conquista do Urriellu ou "Naranjo de Bulnes" por D. Pedro Pidal, Marqués de Villaviciosa , e Gregorio Pérez, “O Cainejo”, os cales subiron pola súa cara norte e baixaron destrepando polo mesmo lugar.
Actividade de lectura
Estas distincións non só implican diferenzas no equipamento a empegar no seu ascenso, senon tamén na súa planificación tendo en conta a propia condición física do montañista, o seu aclimatamento e os seus recursos.
Comproba a túa atención lectora e a túa memoria visual
Ordea as frases atendendo a súa relación temporal e histórica co montañismo ou alpinismo. En primeiro lugar o acontecemento máis lonxano no tempo para rematar co máis contemporáneo (de arriba abaixo)