A escalada e o montañismo
Obxectivos
Un dos principais obxectivos desta actividade é que poidas progresar na práctica do montañismo de da escalada conxuntamente coas modalidades que as conforman: o sendeirismo, media montaña, alta montaña, expedicións, escalada deportiva, escalada clásica (en rocha e no xeo), esquí de travesía, barranquismo, dúatlon en montaña, media maratón de montaña e maratón de montaña. E todo elo cumprindo as normas de seguridade básicas e amosando unha actitude de respecto cara á conservación da natureza.
Intentálo e conquerilo conlevará a consecución de outros obxectivos:
1. Coñecer os orixes e as peculiaridades do montañismo e da escalada e das súas modalidades
2. Diferenciar as características propias de cada modalidade.
3. Coñecer tanto os fundamentos téoricos como aqueles prácticos que afectan a seguridade e respeto da natureza.
4. Practicar os diferentes nós e as técnicas básicas de aseguramento
5. Desenrolar o sistema cardiovascular por medio do exercicio nalgunhas das modalidades propostas.
6. Traballar e mellorar a elasticidade xeral e a tonicidade dos grupos musculares implicados na práctica do montañismo
7. Desenvolver o sentido da orientación lendo e descifrando planos e mapas.
8. Procurar, ler e Interpretar axeitadamente os pronósticos metereolóxicos
9. Planificar o percorrido de xeito autónomo prevendo os materiais e recursos necesarios
10 Comprender e coñecer a propia natureza pola que transitas
E sen esquencer que esta experiencia permiteche coñecer paisaxes que doutro xeito non coñecerias disfrutando da compaña e amizade dos compañeiros e compañeiras, e que poderás plasmar e comunicar aos demáis, empregando as tecnoloxías da información e da comunicación.