Saltar navegación

Graos de dificultade

Nos roteiros e nas expedicións de montaña

O MIDE é un método de información de excursións para valorar e expresar a dificultade a partir dunha escala de gradación das esixencias técnicas e físicas dos percorridos, permitindo clasificalos para unha mellor información. Trátase dunha ferramenta axeitada  para escoller o itinerario máis adaptado á nosa preparación física e motivación. 

A codificación utilizada no apartado de información de valoración é a seguinte:

Severidade do medio natural.
1. O medio non está exento de riscos.
2. Hai máis dun factor de risco.
3. Hai varios factores de risco.
4. Hai bastantes factores de risco.
5. Hai moitos factores de risco.
Orientación no itinerario.
1. Camiños e cruces ben definidos.
2. Sendas ou sinalización que indica a continuidade.
3. Esixe a identificación precisa de accidentes xeográficos e de puntos cardinales.
4. Esixe navegación fóra de traza.
5. A navegación interrompida por obstáculos que hai que bordear.
Dificultade no desprazamento.
1. Marcha por superficie lisa.
2. Marcha por camiños de ferradura.
3. Marcha por senllas graduadas ou terreos irregulares.
4. É preciso o uso das mans ou saltos para manter o equilibrio.
5. Require o uso das mans para a progresión.
Cantidade de esforzo necesario (calculado segundo criterios MIDE para un excursionista medio pouco cargado).
1. Até 1 h de marcha efectiva.
2. Entre 1 h e 3 h de marcha efectiva.
3. Entre 3 h e 6 h de marcha efectiva.
4. Entre 6 h e 10 h de marcha efectiva.
5. Máis de 10 h de marcha efectiva.

Outra información importante é o propio perfil do percorrido que neste caso é de ida e volta polo que é idéntico na subida e na baixada.

" subida a Peña Trevinca dende Vilanova(A Veiga) consultada o 14 de febreiro de 2017 en  https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5249545 

Agora podes facer a túa propia graduación MIDE empregando esta ferramenta dispoñible na rede.Para elo ten a man os principais datos do roteiro

"MIDE montaña segura" consultada o 14 de febreiro de 2017 en http://mide.montanasegura.com/mide#/ruta

Na ascensión alpina e na escalda clásica

O sistema de gradación máis empegado no noso continente esta baseado na dificultade do conxunto total da vía (aproximación, ascenso e descenso do cume) tendo en consideración a lonxitude, altitude, dificultade técnica, exposición, compromiso (posibilidades de retroceder, escapatoria,...).

Emprega as letras F, PD, AD, D, MD, ED e ABO para clasificar as ascensións ou vías de escalada.

Gradación

Descrición da vía

F: Fácil

Pendentes (de roca, neve e/ou xeo) con desniveis moderados, sempre inferiores ao 45%, que se ascenden progresando (en neve ás veces con piolet). Rubidas fáciles ata IIº grao. Algúns tramos en glaciar con gretas. Montañeiros experimentados poden ascender sen corda.

PD: Pouco Difícil

Pendentes (de roca, neve e/ou xeo) con desniveis fortes superiores sempre ao 45%, aínda que se soben andando. Arestas e cristas estreitas e aéreas. Rubidas de certa dificultade, ata IIIº grao. Glaciares gretados. O uso da corda pode facerse necesario en máis dunha ocasión.

AD: Algo Difícil

Longas pendentes (de roca, neve e/ou xeo) con desniveis fortes superiores sempre ao 50%, aínda que se poidan subir andando. Arestas e cristas estreitas e aéreas. Escaladas de dificultade moderada mesmo en terreo vertical, graos IIIº e IVº. Glaciares moi gretados e complicados. Uso obrigatorio de corda. Só para montañeiros experimentados.

D: Difícil

Escalada mantida, tanto en roca, como en xeo ou neve.

MD: Moi Difícil

Ascensións e escaladas técnicas complicadas en calquera tipo de terreo, podéndose alcanzar ata o Vº grao de escalada clásica. Lonxitude considerable. Pendentes de gradación límite. Exposición moi alta. Requirida moita técnica. En lugares remotos.

ED: Extremadamente Difícil

Dificultade extrema con enorme exposición, de longa duración, en lugares remotos.

ABO: Abominable

Extremadamente difícil e perigosa

A cada un pódeselles engadir un signo "+" (ou "superior.") ou un signo "-" (ou "inferior.") para axustar mellor o grao. Unha vía AD- será lixeiramente máis difícil que unha vía PD+.

Iº GRAO DE ESCALADA                  

 

É necesario apoiar os brazos e as mans para gardar o equilibrio. Nalgúns tramos aéreos necesitarase encordar ás persoas pouco experimentadas

IIº GRAO

Empréganse os brazos para progresar . Rubida por unha ladeira con poucos agarres. No seu ascenso utilizarase a corda con persoas pouco experimentadas.

IIIº GRAO 

Escalada que pode chegar a ser vertical pero con bos agarres na que é necesaria a corda para ascender. O descenso realizarase en rappel. Necesítanse coñecementos técnicos de progresar, asegurar e rapelar. Ascensión complicada en condicións invernais. Necesítanse pés de gatos para persoas non expertas.

IVº GRAO

Escalada propiamente dita. Vertical con boas presa na que requírese unha boa condición física. Necesítanse pés de gatos

Como IV pero maior dificultade técnica

A cada un pódeselles engadir un signo "+" ou "-" combinadas coas letras (a,b,c,d,e) para axustar mellor o grao.

 

VEXAMOS DO QUE ERES CAPAZ!

completa despois de ler

Cando na escalda clásica empréganse os brazos para progresar, e os pouco experimentados utilizan a corda, falamos de un paso ou parede de de dificultade.Mentras que na ascensión falamos de unha vía difícil cando as pendentes (de rocha, neve e/ou xeo) son con fortes superiores sempre ao 45%, aínda que se soben andando. Presenta arestas e cristas estreitas e . As súas rubidas son de certa dificultade, ata IIIº grao. gretados. O uso da corda pode facerse necesario en máis dunha ocasión.

Habilitar JavaScript