Saltar navegación

INTRODUCIÓN

É tan habitual que espertemos pola mañá e poidamos ver todo o que temos ao noso redor, que non nos detemos a pensar como é posible. Por iso, por medio desta unidade didáctica queremos que comprendas algunhas das características fundamentais da luz. Animámoste a intentar facer estes experimentos, xa que son moi sinxelos e os materiais atópanse en calquera casa.

A refracción da luz
Pilar Barros e Susana Camiña. Experimentando coa luz (CC BY-SA)

Fíxate no menú que tes á esquerda da pantalla onde aparecen os experimentos e diversas propostas de actividades. Avanza polo menú coas frechas que tes á dereita e desfruta cos contidos.   

Obxectivos

Con este recurso didáctico vas poder acadar os seguintes obxectivos:

  • Aprender que é a luz e como se propaga.
  • Comprender que sucede cando a luz choca cun elemento: a refracción e a reflexión.
  • Coñecer as fontes de luz naturais e artificiais.
  • Establecer a relación entre a luz e as cores.
  • Practicar a navegación a través dun recurso dixital e por enlaces na rede.
  • Comprobar o nivel de aprendizaxe por medio dunha autoavaliación.